29/6/12

Entrega de premio.

O ordenador sorteado polo alumnado de 4º de ESO para financiar a viaxe de fin de curso foi a parar ás mans de Miguel López Rico, profesor de administración. A rifa premiada vendeulla un dos alumnos que xa disfrutaron dunha estancia de catro días en Estambul e dous de relax en Sanxenxo.

26/6/12

Concurso de relato breve: presentación de las obras ganadoras


 
 Saludamos hoy a los ganadores del tercer Concurso de relato breve del IES Porta da Auga. Todos los relatos son buenos, si cabe mejores que los de años anteriores. Nos referiremos a ellos invidualizadamente para presentarlos resaltando sus cualidades narrativas y estilísticas.

El relato ganador, que le debe mucho al cine, posee cualidades narrativas notables. Mario García maneja con sorprendente destreza un narrador múltiple que enfoca desde una triple perspectiva. La trama compleja de tan breve relato nos atrapa en su red y nos deja con una vaga sensación de misterio y de desasosiego. Auguramos a su autor, ya con un pie en la Universidad, un prometedor futuro de éxitos literarios.

El tesoro de Java corresponde a Carolina Martínez una autora ya conocida de este certamen. Acredita una notoria voluntad de estilo reflejada, por ejemplo, en su cuidada adjetivación. El cuento se cierra de manera muy bella y sugerente. Nos permitimos recomendar a su autora la lectura de clásicos como Madame Bovary.

En Macondo, cuando era tan solo “ una aldea de veinte casas de barro y caña brava”, “muchas cosas no tenían nombre y para mencionarlas había que señalarlas con el dedo”. Este nombrar primigenio “original” exige una mirada transparente y limpia de contaminación. La libreta de María Redondo inaugura un mundo de notas referenciales que le servirán a su autora para desvelar “une tranche de vie”. Decía Picasso que le había llevado toda una vida llegar a pintar como un niño: ¿será la autora de El profesor de Lengua capaz de mirar y contar así dentro de cuarenta años? Desde aquí la animamos a ello.


Las dos menciones son muy distintas narrativa y estilísticamente. El relato de Daniel Fernández, de sugerente título, Diez años y una promesa,  refiere una historia de desgarrador y apacible desamor, de una “herida que duele y no se siente” hasta que Isabela se ausenta definitivamente. Es la peregrinación de un medio yo buscando su completud.

Veleidades, de Clara Alonso, es un poema en prosa, donde la música importa “avant toute chose”. Conviene leerlo varias veces: la primera en silencio, la segunda en susurro y, por fin, una tercera sin mirar ya lo escrito, enclaustrando en el cerebro los últimos sonidos de esta bella melodía.

6/6/12

Intercambio escolar co IES de Melide

Os días 23 e 30 de maio, alumnado de 2º e 3º de ESO puido compartir dúas amenas xornadas coas compañeiras/os do IES de Melide, poñendo así continuidade ao previo intercambio epistolar.
Comezamos nós visitando Melide. A súa calurosa acollida, con actuacións musicais de grupos de vento e de música tradicional, agasallo de melindres e doces típicos de Melide e visita ás instalacións do instituto, superou calquera tipo de expectativas.
Continuaron mostrándonos  parte do seu interesante patrimonio (Igrexa de Santa María e aldea de Furelos, no Camiño Francés a Santiago de Compostela). Seguiu o xantar na área recreativa á beira do río, con baño incluído.
Á tarde, visitamos o Museo de Melide, con interesantes coleccións, etnográficas e arqueolóxicas, de utensilios recollidos na comarca. De seguido, concurso de grupos, no que valéndose de pistas espalladas pola vila, houbo respostando a un cuestionario. E ao final había premio!
Saímos moi contentos pola xornada, pero preocupados pola consciencia da dificultade que ía supoñer estar á súa altura. Ese foi o tema de conversa durante grande parte do camiño de volta.
O día 30 tocounos a darlles a acollida. Comezamos coa actuación dun cuarteto que lles ofreceu un pequeno concerto de percusión utilizando como instrumentos … contedores do lixo! Foi moi bonito ver a súa cara de sorpresa e se ían enganchando co ritmo. A partir de aquí, o optimismo xa se extendía entre as nosas filas. Acto de acollida, con canción coral de “E ti que lingua falas?” e  “A Rosiña do estanqueiro” e breve explicación sobre Ribadeo e sobre o programa de actividades do día.
Levámolos polo paseo marítimo, mostrámoslles as vistas desde o ascensor e a Atalaia, estivemos no Cargadeiro e no forte San Damián e subimos ao faro de Illa Pancha. E o tempo aínda deu para un baño en Rochas Brancas.
O xantar foi no monte de Santa Cruz. Despois, repartidos en grupos guiámolos por Ribadeo, mostrándolles os lugares de máis interese.
E a despedida, na Praia das Catedrais. Sen dúbida que desta xornada, á parte do bo recordo e de ter aprendido algo máis sobre outra zona do noso País e incluso sobre como somos nós, para algunhas/os quedan novos amigos/as cos que seguiremos en contacto.
A actividade estivo organizada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega.