22/1/07

Teatro en francés

O venres pasado, día 19 de xaneiro, corenta dos nosos alumnos e alumnas dos catro cursos da ESO asistiron á representación teatral da obra “Le tour de France en farnes”, integramente en francés.
A representación tivo lugar no colexio “San José” de Lugo, ás 11:30 h. Ó alumnado acompañouno as profesoras de francés deste centro, Julia Gallego e Chus Maseda.

17/1/07

Presentación pública do proxecto “Normalización do galego na hostalaría ribadense”

Onte, no salón de plenos do Concello de Ribadeo, fíxose público o proxecto elaborado neste IES e premiado pola Dirección Xeral de Ordenación Educativa e a Secretaría Xeral de Normalización Lingüística.
O delegado da Área de Desenvolvemento Local do Concello de Ribadeo, Fernando Suárez Barcia, explicou o proxecto no que o Concello inviste 4000 €, a Consellería de Innovación e Industria 11000 e o IES 1000, ademais de encargarse da tradución das cartas dos restaurantes ao galego, inglés e francés.
Agora iniciase o traballo de captación de establecementos hostaleiros que se sumen á iniciativa, que correrá a cargo do Concello e, de seguido, os nosos alumnos e alumnas comezarán o traballo de tradución.

15/1/07

Concurso de debuxo

Búscase un cartel para a XIII edición da Feira da Ciencia e Tecnoloxía. Poden participar tódolos alumnos e alumnas do Porta da Auga.
As bases do concurso son as seguintes:
1º.- Formato A4.
2º.- Liberdade de cores.
3º.- Debe incluír o texto:
XIII FEIRA DA CIENCIA E TECNOLOXÍA
IES PORTA DA AUGA, do 27 ao 30 de marzo de 2007
4º.- O traballo gañador será premiado cun reprodutor de CD e Mp3 das seguintes características:
- Memoria antigolpe de 45/120 sg.
- Compatible con discos CD, CD-R/RW e Mp3.
- 64 memorias programables.
- Soporta ata 99 álbums e 300 gravacións.
- Busca alfanumérica de álbum e gravación.
- Identificación ID3 TAG.
- Control de volume electrónico.
- 7 preecualizacións.
- Autoapagado.
- Cargador de baterías incorporado.
5º.- A data límite para a presentación de traballos será o 31 de xaneiro de 2007. Entregaranse en dirección.
6º.- O autor premiado cede os dereitos de uso do debuxo ó IES Porta da Auga.
7º.- A presentación de traballos implica a aceptación destas bases.