29/2/08

2ª sesión de cinensino


Onte o alumnado de 1º e 2º de ESO asistiu no cine teatro de Ribadeo á segunda proxección programada para este curso no cinensino.
Os alumnos e alumnas tiveron a oportunidade de ver a película "Salvatore. Así es la vida" (Gian Paolo Cugno, 2006), unha produción Disney rodada en Italia con actores deste país e en italiano.
O protagonista, Salvatore (Alessandro Malliaen) é un rapaz ao que lle more o pai nun accidente laboral, que o obriga a coidar el só da súa avoa e da súa irmá; o filme é unha película optimista sobre o poder da educación e da cultura. Neste sentido hai dous personaxes importantes: o mestre Marco Brioni (Enrico Lo Verso) e a asistenta social Laura Valvo (Galatea Ranzi). O primeiro correspóndese ao profesor vocacional que está disposto a desafiar as normas con tal de conseguir o seu obxectivo e que é capaz de ver a educación como algo máis ca unha mera acumulación de datos. A asistenta Laura, pola súa parte, representa a institución que moitas veces non é capaz de ver o aspecto humano da situación, aínda que neste caso non é un personaxe plano, polo que non cae na categoría simplemente negativa.

21/2/08

Obxectivos de desenvolvemento para o milenio.


Dende o día 18 ao 22 deste mes, no primeiro e segundo andar do edificio, expóñense 10 carteis cos que a ONG “Paz y Desarrollo” pretende dar a coñecer os oito obxectivos de desenvolvemento para o novo milenio que se fixaron no Cumio do Milenio das Nacións Unidas, celebrado en setembro de 2000.
Estes obxectivos son:
1.- Erradicar a pobreza e a fame.
2.- Lograr a ensinanza primaria universal.
3.- Promover a igualdade de xénero e a autonomía da muller.
4.- Reducir a mortalidade infantil.
5.- Mellorar a saúde materna.
6.- Controlar o VIH/SIDA, paludismo e outras enfermidades.
7.- Garantir a sustentabilidade ambiental.
8.- Fomentar unha asociación mundial para o desenvolvemento.
Agora, como se di en cada un dos carteis, quizais nos debamos preguntar: estamos facendo algo?.

19/2/08

Theatre in english


Last Friday 8th February some students of IES Porta da Auga, IES Dionisio Gamallo and IES Marqués de Casariego, went to a theatre play by Clever Pants – Ronnie O. and Julie F.
It was a romantic story; a boy and a girl fall in love at first sight, but they have a problem – football. Yes, their families are supporters of the two rival teams in town – United and City. They are enemies! So, they decide to run away somewhere without football.
During the play the actors invited some of the students to take part in the show, but…we are so shy, aren’t we, Álvaro and Jorge?

11/2/08

Os amores hei


Para dinamizar o uso da lingua galega entre os mozos e mozas e o mesmo tempo interrelacionala coas novas tecnoloxías, o departamento de lingua galega e literatura xunto co equipo de normalización lingüística organiza un concurso que leva por lema OS AMORES HEI, para todos os alumnos e alumnas do centro agás o 1º ciclo de ESO.
O alumnado participará enviando mensaxes de amor en prosa ou verso e en lingua galega a través da rede. Cada participante limitarase a un espazo (350 caracteres) e a un número de mensaxes (5).
Para participar, cada alumno/a ten que acceder ao enlace na web do instituto onde está o formulario dende o que deben enviar a mensaxe.
Para elixir os gañadores valorarase a orixinalidade e creatividade das mensaxes que se envíen ata o día 5 de maio de 2008.

1/2/08

Rutas literarias polo museo de Lugo


O 31 de xaneiro os nosos intrépidos aventureiros de 1º da ESO realizaron unha visita inusual ao Museo Provincial de Lugo.
Iniciaron esta experiencia lendo o libro Contos do Museo, composto por relatos escritos por catro magos lucenses das letras: Xabier P. Docampo, Agustín Fernández Paz, Paco Martín e Xosé Miranda. Os rapaces adentráronse en engaiolantes historias ambientadas no museo polas que buligan almas en pena, pezas arqueolóxicas enmeigadas, paxaros excepcionais ou travesos trasnos, aderezadas con temas como o amor, o misterio e o humor. Os textos ademais veñen acompañados de ilustracións realizadas por debuxantes tamén lucenses.
A segunda parte da andanza consistiu na visita ao Museo, alí tiveron que indagar polas diferentes salas, divididos en grupos e co libro lido na man, buscando as respostas dunha vintena de preguntas relacionadas cos relatos ou co propio Museo. A verdade é que a ardua pescuda deu os seus bos resultados e tamén tivo os seus premios.
Foi toda unha aventura que, segundo a opinión dos propios protagonistas, estarían dispostos a repetir.