8/2/12

Ruta literarias polo Museo … e máis!

O pasado 31 de xaneiro, coa realización da ruta literaria polo Museo Provincial de Lugo, os alumnos de 1º de ESO puxeron fin a unha actividade que xa viñan preparando no IES desde decembro.

Nese mes, comezaron a lectura dos catro contos incluídos no libro Contos do museo. Ese é un requisito previo para o bon aproveitamento da actividade: subgrupos de cinco alumnos deben competir contestando, nun tempo limitado a un cuestionario sobre os textos lidos previamente e sobre información a recoller no museo (obras, autores, etc.). Os equipos gañadores reciben un pequeño agasallo.

Pero retomemos a historia de que como foi a xornada. Con bon ánimo e cos deberes feitos (lease lectura), saímos ás 8:35 h. do Instituto. Ao pasar por Meira detivémonos a dar un paseiño en Fonmiñá, ou sexa, no “nacemento do Miño”, do pai Miño.

Ás 10:30, 1º ESO A entra a facer a súa ruta no museo, mentras 1º B inicia a sua andaina polo adarve da muralla, que, como sabes, foi distinguida como patrimonio da humanidade. Pero sabías que é a unica muralla romana que conserva todo o seu perímetro? Ás 12:00, procédese ao cambio: 1º B entra no museo e 1º A comeza a súa andaina de 2.266 m. polo monumento.

Ás 13:30, reunión de ambos grupos e, como premio dado o bon comportamento de todo o grupo, saída cara o Centro comercial As Termas, onde se procede a liquidar o último bocata, ... se é que sobrevivira ata ese momento.

Ás 15:00, chegada ao Castro de Viladonga. Visita ao castro, visualización do interesante audiovisual, e visita ao museo, cada vez máis interactivo.

... E ás 17:30, arrivada a Ribadeo, non sen antes compartir no autobús

“Delícia, delicia
Assim você me mata
Ai se eu te pego, ai ai se eu te pego”

A actividade estivo organizada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega.

2/2/12

Aproveitamos o "Día dos Humedais" para facer observacións na Ría de Ribadeo.

O alumnado de 4º de ESO que cursa a materia de Bioloxía e Xeoloxía desprazouse ata a Ría de Ribadeo para realizar observacións de flora e fauna. Lembramos así que hoxe é o "Día dos Humedais"





<