O Consello de Europa insiste na necesidade de que as persoas desenvolvan competencias suficientes en máis de una lingua estranxeira para relacionarse con outros membros dos países europeos. As persoas plurilingües poden aproveitar plenamente as vantaxes que representa vivir nunha Europa multicultural: saber linguas contribúe ao pracer de viaxar e axuda a facer amigos; ademais, pode traducirse en mellores perspectivas laborais. Os cidadáns da UE teñen dereito a vivir e traballar en calquera lugar da Unión. Polo tanto, é moito máis fácil facer uso deste dereito si se fala a lingua do país ou da rexión á que se desexa ir.
Neste ano Europeo do diálogo intercultural os responsables dos centros educativos estamos tamén chamados a promover entre os xoves a aprendizaxe de linguas estranxeiras e a fomentar o coñecemento e a comprensión da diversidade de culturas. Esta tarefa na que vémonos máis directamente implicados os profesores de idiomas, resulta farto difícil. Somos conscientes de que na práctica diaria na aula no sempre é fácil espertar o interese dos alumnos pola lingua estranxeira, nin levar a cabo una pedagoxía fundada no entusiasmo e a intelixencia creativa, capaz de estimular a observación, a atención, reflexión e sentido crítico; aspectos que nos parecen de suma importancia na aprendizaxe dunha lingua. É precisamente por este motivo polo que desde o Departamento de Francés vimos a necesidade de traballar para ofrecer os nosos alumnos unha ensinanza da lingua e da cultura francesa que non se vexa reducida a unha mera competencia comunicativa exercida sobre situacións simuladas. Isto é, situacións nas que o alumno entra no xogo si se lle presentan de forma atraente e se sente psicológicamente próximo aos personaxes representados. E o noso desexo que dita ensinanza estea reforzada pola posibilidade dunha comunicación real e directa con falantes francófonos, que procure aos nosos estudantes un mellor coñecemento dos aspectos socioculturais que transmite a lingua estranxeira.
Para a consecución deste obxectivo vimos desenvolvendo unha liña de actuación baseada na participación en distintos proxectos europeos, xa sexa dentro do programa Comenius (acollida de axudantes lingüísticos, asociacións escolares) xa, dentro do marco das axudas da Xunta de Galicia para a realización de intercambios lingüísticos (Collège Notre-Dame de Bourgenay en Les Sables d´Olonne, Lycée Laënnec en Pont-L’Abbé, Collège International Marie de France en Montreal). Un número importante de alumnos de FLE se viu beneficiado coa realización destas iniciativas, apreciando o valor da lingua estranxeira como medio de comunicación con persoas pertencentes a unha cultura diferente e como elemento favorecedor das relacións sociais e interpersoais.
As razóns aducidas anteriormente, así como a experiencia positiva manifestada polos profesores e alumnos dos centros participantes leváronos a considerar oportuna a organización dun novo proxecto de intercambio para este curso 2007/08. Este cuarto proxecto con o centro Notre-Dame de Bourgenay, supón un paso máis na nosa andadura e na nosa afirmación de apertura, pois o noso departamento ao igual que o noso centro non cesan no seu empeño de abrirse ao mondo.
Como en anos anteriores esta actividade, que contou coa participación dun nutrido número de alumnos, desenvólvese en dúas fases:
- Unha primeira visita dos estudantes e docentes franceses a Ribadeo que abrangueu do 05 ó 12 de abril. Optouse pola acollida familiar como modalidade de aloxamento. O Departamento de Francés do I.E.S. “Porta da Auga” organizou con motivo da súa estadía na nosa vila un variado programa de actividades que en moitos casos quedaron deslucidas por causa do mal tempo.
- Os alumnos e profesores españois viaxaremos a Les Sables d´Olonne o 12 de setembro. A duración da nosa estadía no país veciño será de 8 días rematando o 22 de setembro, día de regreso a Ribadeo. Como no caso anterior serán as familias as encargadas de aloxar a aprendices e educadores.
O interese espertado por este tipo de proxectos anímanos a seguir traballando e apostando pola realización destas e outras iniciativas que favorezan e estimulen o estudo da lingua francesa e sobre todo o uso da mesma en situacións de comunicación reais con falantes francófonos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario