1/4/08

A XIV feira está en marcha







Unha nova edición da Feira Da Ciencia e Tecnoloxía está en marcha.
Á inauguración, que tivo lugar hoxe ás 18:00, asistiu, entre outras autoridades, o Sr. Delegado Provincial da Consellería de Educación e o Sr. Alcalde do Excmo. Concello de Ribadeo.
Logo dun breve acto, os asistentes tiveron a oportunidade de presenciar o primeiro experimento desta edición, “o lanzapatacas”, unha especie de bazoca que utiliza como material pirotécnico o gas dun espray e unha pataca a modo de proxectil.
Pero as sorpresas non se acababan aí, dentro do pavillón onde se desenvolve a feira viuse unha demostración práctica de fabricación de biodiesel e dos plásticos máis primitivos que se obtiñan do leite, unha explicación do fraude que se esconde detrás do anuncio “cereais ricos en ferro”, dos efectos que o alcol produce non seres vivos, o control automático dun aparcamento e un moi longo etcétera xa que son máis de 80 experiencias e dúas exposicións: “Escher e as Matemáticas” e “Prestige, crónica negra dun modelo enerxético insostible”.
Nos días sucesivos, ata o venres 4 a mediodía, pasarán pola feira unhas 1000 persoas entre alumnado e público en xeral.

1 comentario:

Anónimo dijo...

estas fotos estan moi ben, pero podiades haber posto unha do experimento da maizena e da auga, que ese anque repetindo, foi un dos máis concorridos, o cal ainda ten máis mérito.
e non recordo como se chamaban os que explicaron dito experimento, pero debianlles dar as felicitacions, e ben merecidas queas teñen.
nada máis, un saudo.