O luns 20 de decembro de 2010 os alumnos de bioloxía e xeoloxía de 1º de Bacharelato fixemos unha visita ao centro de formación agroforestal Pedro Murias, para facer un queixo tipo Arzúa Ulloa, que precisa unha dobre fermentación.
En primeiro lugar disfrazámonos poñendo batas, gorros, guantes e catiuscas brancas. A continuación entramos na queixería e vertemos
Volvemos facer os controis de Ph, temperatura e engadir o “cuajo” para provocar a coagulación do leite durante 35 min. Neste tempo recibimos unha clase teórica sobre o proceso de elaboración do queixo e a continuación fomos realizando todos os pasos: corte, axitación, delactosado, lavado da pasta, salado, desorado, preprensado, moldeado e prensado final.
Foi unha actividade moi interesante, pasámolo ben e descubrimos que ser un bo mestre queixeiro non é tan doado como poidera parecer. Como este tipo de queixo necesita un tempo de maduración mínimo de 6 días, á volta do Nadal, terémolo como regalo de Reis e ó mellor hasta compartimos....
No hay comentarios:
Publicar un comentario