Está convocado un concurso para elexir a postal de Nadal que se utilizará para felicitar as xa próximas festas de Nadal. As bases son as seguintes:
- Poderán participar tódolos alumnos e alumnas matriculados no centro dende 1º de ESO ata 2º de Bacharelato e Ciclos Formativos.
- O formato da postal será Din-A5 (medio folio) cun grosor mínimo de 125 g/m2.
- A técnica a empregar será libre (en color ou en branco e negro).
- A tarxeta gañadora recibirá un premio de 50 € en vales de compra e empregarase como imaxe para a postal navideña do IES Porta da Auga.
- O xurado estará composto polo profesorado do departamento de plástica e membros do equipo directivo.
- A data límite para entregar postais é o 4 de decembro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario