
Comezamos nós
visitando Melide. A súa calurosa acollida, con actuacións musicais de grupos de
vento e de música tradicional, agasallo de melindres e doces típicos de Melide
e visita ás instalacións do instituto, superou calquera tipo de expectativas.
Continuaron
mostrándonos parte do seu interesante
patrimonio (Igrexa de Santa María e aldea de Furelos, no Camiño Francés a
Santiago de Compostela). Seguiu o xantar na área recreativa á beira do río, con
baño incluído.
Á tarde, visitamos
o Museo de Melide, con interesantes coleccións, etnográficas e arqueolóxicas,
de utensilios recollidos na comarca. De seguido, concurso de grupos, no que
valéndose de pistas espalladas pola vila, houbo respostando a un cuestionario.
E ao final había premio!

O día 30 tocounos a
darlles a acollida. Comezamos coa actuación dun cuarteto que lles ofreceu un
pequeno concerto de percusión utilizando como instrumentos … contedores do
lixo! Foi moi bonito ver a súa cara de sorpresa e se ían enganchando co ritmo.
A partir de aquí, o optimismo xa se extendía entre as nosas filas. Acto de
acollida, con canción coral de “E ti que
lingua falas?” e “A Rosiña do
estanqueiro” e breve explicación sobre Ribadeo e sobre o programa
de actividades do día.
Levámolos polo
paseo marítimo, mostrámoslles as vistas desde o ascensor e a Atalaia, estivemos
no Cargadeiro e no forte San Damián e subimos ao faro de Illa Pancha. E o tempo
aínda deu para un baño en Rochas Brancas.

E a despedida, na
Praia das Catedrais. Sen dúbida que desta xornada, á parte do bo recordo e de
ter aprendido algo máis sobre outra zona do noso País e incluso sobre como
somos nós, para algunhas/os quedan novos amigos/as cos que seguiremos en
contacto.
A actividade estivo
organizada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega.
No hay comentarios:
Publicar un comentario