Os alumnos e alumnas tiveron a oportunidade de ver a película "Salvatore. Así es la vida" (Gian Paolo Cugno, 2006), unha produción Disney rodada en Italia con actores deste país e en italiano.
O protagonista, Salvatore (Alessandro Malliaen) é un rapaz ao que lle more o pai nun accidente laboral, que o obriga a coidar el só da súa avoa e da súa irmá; o filme é unha película optimista sobre o poder da educación e da cultura. Neste sentido hai dous personaxes importantes: o mestre Marco Brioni (Enrico Lo Verso) e a asistenta social Laura Valvo (Galatea Ranzi). O primeiro correspóndese ao profesor vocacional que está disposto a desafiar as normas con tal de conseguir o seu obxectivo e que é capaz de ver a educación como algo máis ca unha mera acumulación de datos. A asistenta Laura, pola súa parte, representa a institución que moitas veces non é capaz de ver o aspecto humano da situación, aínda que neste caso non é un personaxe plano, polo que non cae na categoría simplemente negativa.