27/4/07

Exposición sobre Grecia e Roma


Co lema GRAECIA ET ROMA INTER NOS os alumnos de 4ºE.S.O de CULTURA CLÁSICA levaron a cabo unha labor de investigación e recopilación dos aspectos mais relevantes e significativos da cultura grega e latina. Usando revistas especializadas en culturas de outras civilizacións e artigos xornalísticos, os alumnos recortaron e pegaron en cartulinas aquelas imaxes e artigos que mais lles gustaron, ben polo contido, ben polo anecdótico ou, simplemente, por ter continuidade no noso presente. O resultado foi, despois dunha selección dos contidos, unha atractiva exposición que ecolle arqueoloxía, deportes, mitoloxía, vida cotiá..., sita na biblioteca do I.E.S Porta da Auga.

L' exposition des jeux des élèves de Français


Les élèves de 1º et 2º E.S.O. ont fabriqué des jeux pour la classe. Les cartes de familles présentent les mots de la famille, des meubles, des vêtements...tout ce qu'ils sont en train d'apprendre. C'est le debut de leur apprentissage. Ils ont travaillé aussi "sur" (les mots sont écrits sur les pièces en bois du puzzle) le visage et le corps: ces jeux nous serviront pour reviser ce vocabulaire et imaginer d'autres puzzles.

Les élèves de 2º ont préparé des questions pour le "JEU DE L'OIE" tandis que les élèves de 3º présentent les questions du TRIVIAL pour le championat entre 3ºA et 3ºB qui finira le mois de Mai. En tout, ce seront une centaine de questions qui ont comme sujet la civilisation française, l'histoire, la langue... Vous pouvez visiter l'exposition de tous ces travaux dans la biliothèque du Lycée, pour le plaisir d'apprendre et de jouer!.

Merci et félicitations à tous les élèves-auteurs.

26/4/07

Forum Orienta 07


O alumnado de 2º de Bacharelato desprazouse ata Santiago, ao Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, para participar no FORUM ORIENTA 07. Estes alumnos/as a piques de rematar os seus estudos de Bacharelato van a ter que tomar unha decisión importante para o seu futuro e para que esta sexa a mais acertada, é importante que coñezan todos os camiños que poden escoller, itinerarios que a longo prazo determinaran a súa formación e as posibilidades de atopar emprego.
Durante esta visita fixeron un percorrido polos distintos postos que atendían técnicos e orientadores da Consellería, estudantes e técnicos da CIUG. Neles puideron recoller información sobre o acceso a universidade, a oferta universitaria, a formación profesional e ensinanzas artísticas, informarse sobre bolsas, axudas e premios, ... Tamén participaron en charlas e conferencias que se estaban impartindo así como actividades prácticas e demostracións. Tomar decisións non é tarefa fácil, a veces, é como xuntar as pezas dun rompecabezas, segundo as vas colocando, empezas a ver claramente a resposta. Esta visita igual axudou a colocar algunha peza.

Teatro en inglés


Last Wednesday we went to the IES Gamallo Fierros to see a theatre play. Three people - a woman and two men - performed for about an hour in English..
The performance was about a teenager called Danny who fails all his exams, so he is punished by their parents staying at home instead of going to Torremolinos with them. To earn money he has to work in his enemy’s supermarket .And, as well as this, he has to avoid loosing her girlfriend called Gloria.
The play was full of funny details, and some students (two boys and two girls) danced on stage for a few minutes. It was really funny and they spoke in a way which was easy to understand, so that all of us could understand what they were saying.
(Ananda, Boris and Marlén – 1º Bach. Hum. e CCSS)

17/4/07

Excursión a Pontevedra


Hoxe tivo lugar unha excursión, organizada polo Departamento de Xeografía e Historia, na que participou o alumnado de 4º de ESO. Consistiu nunha visita guiada á cidade de Pontevedra seguindo a ruta frei Martín Sarmiento, que patrocina o mesmo concello.
Xa pola tarde, continuou co desprazamento ata a illa de San Simón, situada na ría de Vigo, onde se fixo unha visita acompañada de explicacións ás instalacións da illa que serviron nun tempo de lazareto e posteriormente de campo de concentración. Esta visita enmárcase dentro da programación que a Consellería de Cultura fai con motivo da celebración no ano 2006 do “Ano da Memoria”, e que ten continuidade no presente curso escolar.

13/4/07

Excursión a Santiago e Padrón

O alumnado de 3º de ESO e 1º de Bacharelato participou nunha excursión ás localidades de Santiago e Padrón.
Aínda que viaxaron xuntos, en Santiago non visitaron os mesmos lugares. Mentras que os alumnos e alumnas de 1º de Bacharelato visitaban o Museo do Pobo Galego, os de 3º de ESO asistian a unha charla coloquio de Fina Casalderrey no Museo Padagóxico de Galicia. Mais tarde, xa con todo o alumnado, fíxose un percorrido polas distintas exposicións do MUPEGA.
Pola tarde visitouse a Casa-Museo de Rosalia de Castro en Padrón, escritora que se estuda nos dous cursos.

12/4/07

Conferencia sobre alcoholismo xuvenil.




Dentro do ciclos de conferencias de divulgación sanitaria “Unha Medicina ao Servizo da Sociedade”, organizada pola Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia e patrocinada pola Deputación Provincial de Lugo, celebrouse hoxe no salón de actos deste centro a conferencia “Alcoholismo Xuvenil”, impartida polo Dr. Ángel Usero Osset, á que asistiron os alumnos e alumnas de 1º de Bacharelato. O tema da conferencia elixírono previamente os propios alumnos.
Nos próximos días o alumnado asistente terá que redactar un resumo do contido da conferencia. Entre tódalas redaccións o profesorado seleccionará unha que optará a un premio co resto das seleccionadas nos demais institutos en que se impartiu conferencias.

11/4/07

XERFA no Museo Pedagóxico de Galicia



A nosa revista XERFA está presente na exposición que se exhibe no MUPEGA sobre a prensa escolar en Galicia. Esta exposición mostra máis de 400 exemplares de periódicos e revistas editados nos centros escolares de Galicia, os máis antigos datan do 1905, polo que xa son máis de 100 anos de prensa escolar.
No arquivo do museo gárdase un exemplar de cada un dos números da revista, dende o primeiro que saíu á luz en abril de 1991. Por razón de espazo non se mostran todos na exposición, tan só se pode follear o nº14, correspondente ó curso 2004-05.
Unha pantalla interactiva permite elixir o concello de Galicia para devolver información sobre as publicacións escolares do mesmo. En Ribadeo tan só aparece a revista XERFA.