26/4/07

Forum Orienta 07


O alumnado de 2º de Bacharelato desprazouse ata Santiago, ao Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, para participar no FORUM ORIENTA 07. Estes alumnos/as a piques de rematar os seus estudos de Bacharelato van a ter que tomar unha decisión importante para o seu futuro e para que esta sexa a mais acertada, é importante que coñezan todos os camiños que poden escoller, itinerarios que a longo prazo determinaran a súa formación e as posibilidades de atopar emprego.
Durante esta visita fixeron un percorrido polos distintos postos que atendían técnicos e orientadores da Consellería, estudantes e técnicos da CIUG. Neles puideron recoller información sobre o acceso a universidade, a oferta universitaria, a formación profesional e ensinanzas artísticas, informarse sobre bolsas, axudas e premios, ... Tamén participaron en charlas e conferencias que se estaban impartindo así como actividades prácticas e demostracións. Tomar decisións non é tarefa fácil, a veces, é como xuntar as pezas dun rompecabezas, segundo as vas colocando, empezas a ver claramente a resposta. Esta visita igual axudou a colocar algunha peza.

No hay comentarios: