21/12/06

A nosa felicitación de Nadal

Tan só a perseveranza no longo camiño da educación nos pode levar a facer realidade valores como a paz, a solidariedade, a concordia, a prosperidade,...
Cos mellores desexos das comunidades educativas do IES e CIFP Porta da Auga.

Obradoiros de xénero

Durante esta semana os nosos alumnos e alumnas de 3º e 4º de ESO asistiron a obradoiros sobre "violencia de xénero" e "igualdade de xénero".
Estas actividades estiveron organizadas polos servizos sociais do Concello de Ribadeo en colaboración co departamento de orientación do centro e enmárcanse dentro da campaña que desenvolve o Concello de concienciación escolar.
O próximo xoves día 21, coa mesma temática, serán os alumnos e alumnas de bacharelato os que asistan á proxección de cortos e posterior coloquio.

20/12/06

Premio de consumo

Un novo premio!. Esta vez outorgado pola Conselleria de Educación e Ordenación Universitaria e o Instituto Galego de Consumo (Resolución conxunta do 30 de setembro de 2006, DOG do 16 de outubro), entidade coa que mantemos relación dende hai algúns anos, e que xa tivo froitos semellantes noutras ocasións anteriores.
O premio, consistente nun cheque por valor de 1700 €, é debido á potenciación das ensinanzas relacionadas co consumo durante o pasado curso a traveso das actividades complementarias e extraescoalares. Para a súa testemuña, realizouse unha memoria das actividades destacando o cándo e o como de cada unha e a súa influenza na área de consumo, en particular das presentadas na XII Feira da Ciencia e Tecnoloxía.
Noraboa a todos os que o fixeron posible: alumado e profesorado.

18/12/06

Viaxe a Madrid

Hoxe, 37 alumnos e alumnas de 1º e 2º de Bacharelato e ciclo superior de Administración e Finanzas, sairon de viaxe a Madrid para regresar o día 20.
Organízana os departamentos de Xeografía e Historia e Administración. Os rapaces irán acompañados de Flor Núñez e Dolores Faílde.

Programa previsto:

DÍA 18
-Ás 06.30h: Saída en autobús dende o IES Porta da Auga
-Ás 14.30h: Chegada e instalación no hotel.
-Ás 16.30h: Visita ó Palacio Real

DÍA 19
-Ás 10:00h: Visita ó Congreso dos Diputados.
-Ás 13.00h: 2º Bacharelato visitará ó Museo do Prado (Sala de Goya).
1º Bacharelato e os ciclos visitarán á Academia de Bellas Artes de San Fernando.
-Tarde libre.

DÍA 20
-Ás 10.00h: Visita ó Senado.
-Ás 13:00h: Saída cara a Segovia onde estaremos varias horas, dependendo da climatoloxía. Os alumnos terán tempo libre.
-Chegada a Ribadeo entre ás 23:00h e ás 24:00h

14/12/06

Premiado o noso proxecto de innovación lingüística en lingua galega

O Diario Oficial de Galicia do martes, 12 de decembro, publica a resolución conxunta do 5 de decembro da Dirección Xaral de Ordenación e Innovación Educativa e a Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se resolven os premios a proxectos de innovación lingüística en lingua galega para centros de titularidade da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
Dos dez proxectos que se podían seleccionar seis quedaron desertos e entre os catro premiados figura o do IES Porta da Auga.
Este proxecto, baixo o título de NORMALIZACIÓN DO GALEGO NA HOSTALARÍA RIBADENSE, pretende a elaboración de material escrito en galego destinado á hostalaría local (cartas de menús, salvamanteis, autocolantes,...).
Parabéns a todos os que colaboraron na elaboración!, especialmente a Anxo Martínez, coordinador do Equipo de Normalización Lingüística, ideólogo do mesmo. Contamos tamén coa colaboración do Concello, a través da Axencia de Desenvolvemento Local e do seu Servizo de Normalización Lingüística.
Agora temos ata finais de curso para facelo realidade.

5/12/06

Constitución do Consello Escolar

Despois da renovación parcial dos membros do Consello Escolar, hoxe ás 20:00 h celebrouse a reunión para a constitución do mesmo.
Este órgano de goberno, durante os próximos dous anos, estará formado por:

Presidente
Piñeiro Funcasta, Alfonso

Xefe de Estudos
Vázquez Lorenzo, Ramón

Secretaria
Villar Riveira, Montserrat (1)

Profesorado
Suárez González, Martín
Gregorio Montes, Antonio
Loza Cotarelo, Marcelino
Villar Riveira, Montserrat
Gallego Rodríguez, Julia
Álvarez Rico, Mª del Carmen
Martínez Fernández, José Mª

Alumnado
Cotarelo Prieto, Silvia
López Pérez, Javier
Marques de Jesús, André
López Rodríguez, Cristina

Pais/nais
Fernández Ferreira, Eduardo (2)
Álvarez Gómez, Matilde
González Rodríguez, Fermín

Adm. e servizos
Gregorio Vega Zapico

Concello
Duarte Díaz, José


(1) Membro do Consello con voz pero sen voto.

(2) Ó non existir proposta de asociación de nais e pais, a praza cubrirase co mesmo procedemento cos outros representantes. ( Art.38.3 do Regulamento Orgánico dos institutos de educación secundaria)


4/12/06

Bos desexos.

Hoxe ábrese este blog no que pretendemos dar a coñecer as novas máis destacadas do IES e ó mesmo tempo ofrecer un espazo aberto á participación de todos os que queiran opinar e aportar ideas, suxestións, críticas,...en definitiva: un servizo máis dirixido a toda a comunidade educativa.
Estamos preto do remate da primeira avaliación dun curso que quedará marcado na historia deste instituto polo seu desdobramento, dando lugar ó nacemento do Centro Integrado de Formación Profesional Porta da Auga, un novo centro educativo para Ribadeo, ó que desexamos un longo futuro e moitos éxitos no desenvolvemento da función social e educativa para a que foi concibido.
Este Centro Integrado de Formación Profesional arranca coa oferta educativa que tiña o Instituto de Educación Secundaria nas familias profesionais de “Mantemento de vehículos autopropulsados”, “Electricidade e electrónica” e “Edificación e obra civil”, quedando o resto (ESO, Bacharelatos e ciclos formativos da familia de “Administración") no IES Porta da Auga.
Polo tanto, estamos nun momento de profundos cambios que afectarán a toda a composición e identidade deste instituto: oferta educativa, persoal (docente e non docente), alumnado e instalacións. Esperamos que este blog sexa a mellor testemuña de todos eles.