14/12/06

Premiado o noso proxecto de innovación lingüística en lingua galega

O Diario Oficial de Galicia do martes, 12 de decembro, publica a resolución conxunta do 5 de decembro da Dirección Xaral de Ordenación e Innovación Educativa e a Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se resolven os premios a proxectos de innovación lingüística en lingua galega para centros de titularidade da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
Dos dez proxectos que se podían seleccionar seis quedaron desertos e entre os catro premiados figura o do IES Porta da Auga.
Este proxecto, baixo o título de NORMALIZACIÓN DO GALEGO NA HOSTALARÍA RIBADENSE, pretende a elaboración de material escrito en galego destinado á hostalaría local (cartas de menús, salvamanteis, autocolantes,...).
Parabéns a todos os que colaboraron na elaboración!, especialmente a Anxo Martínez, coordinador do Equipo de Normalización Lingüística, ideólogo do mesmo. Contamos tamén coa colaboración do Concello, a través da Axencia de Desenvolvemento Local e do seu Servizo de Normalización Lingüística.
Agora temos ata finais de curso para facelo realidade.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Parabéns pela iniciativa.

Com gente como vós o país avança!

Anónimo dijo...

Noraboa pola iniciativa.

Ogallá que a próxima vez que me pase por Ribadeo me atope con "O muiño" (ademáis todo o mundo lle chama asi) en vez de "Molino Club".