22/9/08

Segunda parte do intercambio escolar con Les Sables D'Olonne



Rematou cun rotundo éxito o cuarto intercambio escolar que este centro realiza co colexio Notre-Dame de Bourgenay de Les Sables D´Olonne, Francia.
Dende o 12 ao 21 deste mes 26 alumnos e alumnas dos cursos de ESO viaxaron a Francia devolvendo a visita que os escolares franceses nos fixeron no mes de abril. Estiveron acompañados das profesoras Julia Gallego e Teresa García que xa coñecían a localidade de visitas anteriores.
Ademais da convivencia en familia, de disfrutar da bonita cidade de Les Sables D'Olonne, das súas praias e alrededores e practicar o francés, aproveitaron para visitar os parques temáticos de Puy du Fou e Futuroscope de Poitiers, o centro da prehistoria Le Cairn e lugares de interese da cidade.
Foron uns días ben aproveitados dos que seguro que gardarán uns gratos recordos, tamén grazas a magnifica acollida e hospitalidade que en todo momento lles brindaron os nosos amigos franceses.

Número XVII da revista XERFA


O novo número da revista XERFA está máis que nunca cheo de participacións dos nosos alumnos e alumnas en forma de poesías, contos ou entrevistas a personaxes tan coñecidos como María Castro ou Antón Durán.
Vótelle unha ollada aquí.