21/12/06
A nosa felicitación de Nadal
Obradoiros de xénero
20/12/06
Premio de consumo
O premio, consistente nun cheque por valor de 1700 €, é debido á potenciación das ensinanzas relacionadas co consumo durante o pasado curso a traveso das actividades complementarias e extraescoalares. Para a súa testemuña, realizouse unha memoria das actividades destacando o cándo e o como de cada unha e a súa influenza na área de consumo, en particular das presentadas na XII Feira da Ciencia e Tecnoloxía.
Noraboa a todos os que o fixeron posible: alumado e profesorado.
18/12/06
Viaxe a Madrid
Organízana os departamentos de Xeografía e Historia e Administración. Os rapaces irán acompañados de Flor Núñez e Dolores Faílde.
Programa previsto:
DÍA 18
-Ás 06.30h: Saída en autobús dende o IES Porta da Auga
-Ás 14.30h: Chegada e instalación no hotel.
-Ás 16.30h: Visita ó Palacio Real
DÍA 19
-Ás 10:00h: Visita ó Congreso dos Diputados.
-Ás 13.00h: 2º Bacharelato visitará ó Museo do Prado (Sala de Goya).
1º Bacharelato e os ciclos visitarán á Academia de Bellas Artes de San Fernando.
-Tarde libre.
DÍA 20
-Ás 10.00h: Visita ó Senado.
-Ás 13:00h: Saída cara a Segovia onde estaremos varias horas, dependendo da climatoloxía. Os alumnos terán tempo libre.
-Chegada a Ribadeo entre ás 23:00h e ás 24:00h
14/12/06
Premiado o noso proxecto de innovación lingüística en lingua galega
Dos dez proxectos que se podían seleccionar seis quedaron desertos e entre os catro premiados figura o do IES Porta da Auga.
Este proxecto, baixo o título de NORMALIZACIÓN DO GALEGO NA HOSTALARÍA RIBADENSE, pretende a elaboración de material escrito en galego destinado á hostalaría local (cartas de menús, salvamanteis, autocolantes,...).
Parabéns a todos os que colaboraron na elaboración!, especialmente a Anxo Martínez, coordinador do Equipo de Normalización Lingüística, ideólogo do mesmo. Contamos tamén coa colaboración do Concello, a través da Axencia de Desenvolvemento Local e do seu Servizo de Normalización Lingüística.
Agora temos ata finais de curso para facelo realidade.
5/12/06
Constitución do Consello Escolar
Despois da renovación parcial dos membros do Consello Escolar, hoxe ás 20:00 h celebrouse a reunión para a constitución do mesmo.
Este órgano de goberno, durante os próximos dous anos, estará formado por:
Presidente
Piñeiro Funcasta, Alfonso
Xefe de Estudos
Vázquez Lorenzo, Ramón
Secretaria
Villar Riveira, Montserrat (1)
Profesorado
Suárez González, Martín
Gregorio Montes, Antonio
Loza Cotarelo, Marcelino
Villar Riveira, Montserrat
Gallego Rodríguez, Julia
Álvarez Rico, Mª del Carmen
Martínez Fernández, José Mª
Alumnado
Cotarelo Prieto, Silvia
López Pérez, Javier
Marques de Jesús, André
López Rodríguez, Cristina
Pais/nais
Fernández Ferreira, Eduardo (2)
Álvarez Gómez, Matilde
González Rodríguez, Fermín
Adm. e servizos
Gregorio Vega Zapico
Concello
Duarte Díaz, José
(1) Membro do Consello con voz pero sen voto.
(2) Ó non existir proposta de asociación de nais e pais, a praza cubrirase co mesmo procedemento cos outros representantes. ( Art.38.3 do Regulamento Orgánico dos institutos de educación secundaria)
4/12/06
Bos desexos.
Estamos preto do remate da primeira avaliación dun curso que quedará marcado na historia deste instituto polo seu desdobramento, dando lugar ó nacemento do Centro Integrado de Formación Profesional Porta da Auga, un novo centro educativo para Ribadeo, ó que desexamos un longo futuro e moitos éxitos no desenvolvemento da función social e educativa para a que foi concibido.
Este Centro Integrado de Formación Profesional arranca coa oferta educativa que tiña o Instituto de Educación Secundaria nas familias profesionais de “Mantemento de vehículos autopropulsados”, “Electricidade e electrónica” e “Edificación e obra civil”, quedando o resto (ESO, Bacharelatos e ciclos formativos da familia de “Administración") no IES Porta da Auga.
Polo tanto, estamos nun momento de profundos cambios que afectarán a toda a composición e identidade deste instituto: oferta educativa, persoal (docente e non docente), alumnado e instalacións. Esperamos que este blog sexa a mellor testemuña de todos eles.