Onte, no salón de plenos do Concello de Ribadeo, fíxose público o proxecto elaborado neste IES e premiado pola Dirección Xeral de Ordenación Educativa e a Secretaría Xeral de Normalización Lingüística.
O delegado da Área de Desenvolvemento Local do Concello de Ribadeo, Fernando Suárez Barcia, explicou o proxecto no que o Concello inviste 4000 €, a Consellería de Innovación e Industria 11000 e o IES 1000, ademais de encargarse da tradución das cartas dos restaurantes ao galego, inglés e francés.
Agora iniciase o traballo de captación de establecementos hostaleiros que se sumen á iniciativa, que correrá a cargo do Concello e, de seguido, os nosos alumnos e alumnas comezarán o traballo de tradución.

3 comentarios:
Diríxome ao conxunto de personas que participan no proxecto de normalización do galego na hostalería, tanto docentes e alumn@s do IES Porta de Auga como outras personas e entidades colaboradoras. Paréceme unha idea estupenda, intelixente e práctica. Desexo que teñades moito éxito e que vos copien a iniciativa noutros centros de ensino. Sodes unha xente que actúa na propia comunidade, e vos comportades coma ciudadanos activos e non simples habitantes. Isto ten moitos valores detrais, e penso que todos eles son positivos. Adiante e "be lucky!!!!!!!!!
Unha iniciativa moi interesante, práctica e útil.
Parabéns para todos/as.
Por se vos serve de idea: lembro ver xa en 1996 na hostalaria de Santiago de Compostela, manteis individuais de papel dos que che poñen o pedir un menu, que eran bilingües en galego-inglés. Era moi práctico para a xente de fora.
Publicar un comentario