20/4/09

Conferencia de José Angel Docobo Durantez

O venres pasado tivemos a sorte de poder escoitar a José Angel Docobo Durántez, director do Observatorio Astronómico Ramón María Aller, da Universidade de Santiago, nunha charla dirixida ao alumnado de Bacharelato dos dous institutos de Ribadeo. O tema versou sobre a historia da Astronomía, un percorrido polos acontecementos máis salientables e que foron determinantes na evolución do coñecemento nesta materia.
José Angel Docobo Durantez é unha das máximas autoridades mundiais na investigación no campo de sistemas estelares dobres e múltiples. Actualmente é o vicepresidente da comisión 26 da Unión Astronómica Internacional, o máximo órgano internacional que decide en cuestións de nomenclaturas e estándares en Astronomía. Na comisión 26 trátanse tódolos temas relativos a sistemas estelares dobres e múltiples.
A súa charla abre os actos da XV Feira da Ciencia, que desta maneira quere sumarse á celebración do ano internacional da Astronomía, conmemoración do cuarto centenario dende que Galileo Galilei empezou a utilizar o telescopio como instrumento de observación.


Na charla, Docobo, trazou un itinerario que, dende os exipcios ata a actualidade, nos foi levando polas grandes personaxes, fitos e descubrimentos que foron marcando a historia da Astronomía: Ptolomeo, Copernico, Galileo Galilei, Tycho Brahe, Kepler, Newton, Halley, ... Tamén amosou a forma de traballar no Observatorio de Santiago para o cálculo de órbitas de estrelas dobres e múltiples e os últimos descubrimentos, en concreto, un planeta extrasolar.
Rematouse a charla co visionado dun documental sobre a figura e obra do gran astrónomo lalinense, fundador do Observatorio de Santiago, D. Ramón María Aller Ulloa.

2 comentarios:

CDL dijo...

Onte, CDL abriu na Rede a páxina RnB, o primeiro directorio da Bloguesfera de Ribadeo.
A vosa bitácora foi, lóxicamente, incluída no listrado.
O enderezo é: http://ribadeoblog.blogspot.com
Saúdos.

Friol dijo...

Tedes un agasallo e unha encomenda aquí: http://terrasdefriol.blogspot.com/
Felicidades