O ordenador sorteado polo
alumnado de 4º de ESO para financiar a viaxe de fin de curso foi a parar ás
mans de Miguel López Rico, profesor de administración. A rifa premiada
vendeulla un dos alumnos que xa disfrutaron dunha estancia de catro días en Estambul
e dous de relax en Sanxenxo.
29/6/12
26/6/12
Concurso de relato breve: presentación de las obras ganadoras
El relato ganador, que le debe mucho al cine, posee cualidades
narrativas notables. Mario García maneja con sorprendente destreza un narrador
múltiple que enfoca desde una triple perspectiva. La trama compleja de tan
breve relato nos atrapa en su red y nos deja con una vaga sensación de misterio
y de desasosiego. Auguramos a su autor, ya con un pie en la Universidad, un
prometedor futuro de éxitos literarios.
El tesoro de Java corresponde a
Carolina Martínez una autora ya conocida de este certamen. Acredita una notoria
voluntad de estilo reflejada, por ejemplo, en su cuidada adjetivación. El
cuento se cierra de manera muy bella y sugerente. Nos permitimos recomendar a
su autora la lectura de clásicos como Madame Bovary.
En Macondo, cuando era tan solo “ una aldea de veinte casas de
barro y caña brava”, “muchas cosas no tenían nombre y para mencionarlas había
que señalarlas con el dedo”. Este nombrar primigenio “original” exige una
mirada transparente y limpia de contaminación. La libreta de María Redondo
inaugura un mundo de notas referenciales que le servirán a su autora para
desvelar “une tranche de vie”. Decía Picasso que le había llevado toda una vida
llegar a pintar como un niño: ¿será la autora de El profesor de Lengua
capaz de mirar y contar así dentro de cuarenta años? Desde aquí la animamos a
ello.
Las dos menciones son muy distintas narrativa y estilísticamente.
El relato de Daniel Fernández, de sugerente título, Diez años y una promesa, refiere una historia de desgarrador y apacible
desamor, de una “herida que duele y no se siente” hasta que Isabela se ausenta
definitivamente. Es la peregrinación de un medio yo buscando su completud.
Veleidades, de Clara Alonso,
es un poema en prosa, donde la música importa “avant toute chose”. Conviene
leerlo varias veces: la primera en silencio, la segunda en susurro y, por fin,
una tercera sin mirar ya lo escrito, enclaustrando en el cerebro los últimos
sonidos de esta bella melodía.
6/6/12
Intercambio escolar co IES de Melide
Os días 23 e 30 de
maio, alumnado de 2º e 3º de ESO puido compartir dúas amenas xornadas coas
compañeiras/os do IES de Melide, poñendo así continuidade ao previo intercambio
epistolar.
Comezamos nós
visitando Melide. A súa calurosa acollida, con actuacións musicais de grupos de
vento e de música tradicional, agasallo de melindres e doces típicos de Melide
e visita ás instalacións do instituto, superou calquera tipo de expectativas.
Continuaron
mostrándonos parte do seu interesante
patrimonio (Igrexa de Santa María e aldea de Furelos, no Camiño Francés a
Santiago de Compostela). Seguiu o xantar na área recreativa á beira do río, con
baño incluído.
Á tarde, visitamos
o Museo de Melide, con interesantes coleccións, etnográficas e arqueolóxicas,
de utensilios recollidos na comarca. De seguido, concurso de grupos, no que
valéndose de pistas espalladas pola vila, houbo respostando a un cuestionario.
E ao final había premio!
Saímos moi
contentos pola xornada, pero preocupados pola consciencia da dificultade que ía
supoñer estar á súa altura. Ese foi o tema de conversa durante grande parte do
camiño de volta.
O día 30 tocounos a
darlles a acollida. Comezamos coa actuación dun cuarteto que lles ofreceu un
pequeno concerto de percusión utilizando como instrumentos … contedores do
lixo! Foi moi bonito ver a súa cara de sorpresa e se ían enganchando co ritmo.
A partir de aquí, o optimismo xa se extendía entre as nosas filas. Acto de
acollida, con canción coral de “E ti que
lingua falas?” e “A Rosiña do
estanqueiro” e breve explicación sobre Ribadeo e sobre o programa
de actividades do día.
Levámolos polo
paseo marítimo, mostrámoslles as vistas desde o ascensor e a Atalaia, estivemos
no Cargadeiro e no forte San Damián e subimos ao faro de Illa Pancha. E o tempo
aínda deu para un baño en Rochas Brancas.
O xantar foi no
monte de Santa Cruz. Despois, repartidos en grupos guiámolos por Ribadeo,
mostrándolles os lugares de máis interese.
E a despedida, na
Praia das Catedrais. Sen dúbida que desta xornada, á parte do bo recordo e de
ter aprendido algo máis sobre outra zona do noso País e incluso sobre como
somos nós, para algunhas/os quedan novos amigos/as cos que seguiremos en
contacto.
A actividade estivo
organizada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega.
24/5/12
O IES Porta da Auga no Correlingua 2012
O 16 de maio alumnos e alumnas do noso instituto desprazáronse a Viveiro
para participar nas actividades do Correlingua,
a carreira anual en defensa da nosa lingua. Foi o remate dunha serie de
traballos preparatorios no centro, como
a do Galeoke, a redacción do manifesto...
A carreira do Correlingua saiu de diante do CEIP Lois Tobío, en Covas, para
cruzar a ría pola ponte da Misericordia. Logo fíxose un percorrido polo casco
histórico, para rematar na Praza Maior, onde se puxo o ramo cun festival de
música.
Presentou o acto a actriz Iria
Sobrado, e actuou o gañador do concurso Cantalingua, Xenderal, un cantante de
rap en galego que fixo que moitos dos presentes subisen ao palco a bailar, tal
era o ritmo que tiña. Deuse lectura ao manifesto deste ano, e un grupo de
alumnas e alumnos de Viveiro cantaron. Estes últimos foron tan animados que o
palco non foi suficiente para todos os que querían subir.
Como Viveiro é unha vila con moito atractivo aproveitamos para coñecela
mellor: xantamos na praia de Area, onde, de paso, nos demos o primeiro baño da
tempada (Que fría estaba a auga!); subimos ao Monte San Roque, que ten unhas
vistas impresionantes de Viveiro e da ría; descubrimos o casco histórico e os
seus principais monumentos a través dun xogo de localización, e rematamos coa
lectura pública doutro manifesto en defensa da lingua galega, de novo na Praza
Maior.
A volta en autobús fíxose curta: cantamos cancións populares.
Unha viaxe ao mundo da lusofonía
O pasado martes 15 de
maio, o alumnado de 4º de ESO e de 1º de Bacharelato asistíu á actuación
musical de Fran Pérez, “Narf”, un
artista que interpreta poemas cantados, dende o noso Castelao, ou o
Mozambicano José Craveirinha, pasando polo portugués Luís de Camoes, ata
outros autores contemporáneos como Xelís de Toro (Galiza), Sonia Sountuane
(Mozambique), ou Paulo Macamo (Mozambique), ademais doutras cancións
escritas polo propio Narf.
No concerto, de formato
intimista, escoitamos cantar en Galego, en Portugués, en linguas de orixe bantú
como Shangana ou Machopi, e tamén en Inglés escrito por galegos, dando a
entender a gran capacidade do noso idioma e da nosa identidade para
conectar a persoas de moi diferente orixe cultural, pero que teñen o vínculo da
fala, que funciona como una ponte única para o encontro.
Ademais, o cantante fala
das súas experiencias vitais de varios anos de viaxes e intercambios con
artistas de Brasil, Mozambique, Portugal, Cabo Verde ou Guiné Bissau, en diálogo
cos alumnos.
O concerto permitiu
mostrar a potencialidade do galego como idioma válido para
a comunicación en todo o ámbito dos países da lusofonía, entre linguas que
comparten a mesma orixe, así como compartir enriquecedoras experiencias co
autor, que sintonizou moi ben co seu público.
A actividade organizarase en comandita entres os Equipos de
Dinamización da Lingua Galega dos dous IES de Ribadeo, o IES Gamallo Fierros e
o noso, o IES Porta da Auga.
Excursión a Santiago
O alumnado dos ciclos de Administración viaxou a Santiago para visitar o Parlamento de Galicia e o Museo do Pobo Galego.
8/2/12
Ruta literarias polo Museo … e máis!
O pasado 31 de xaneiro, coa realización da ruta literaria polo Museo Provincial de Lugo, os alumnos de 1º de ESO puxeron fin a unha actividade que xa viñan preparando no IES desde decembro.
Nese mes, comezaron a lectura dos catro contos incluídos no libro Contos do museo. Ese é un requisito previo para o bon aproveitamento da actividade: subgrupos de cinco alumnos deben competir contestando, nun tempo limitado a un cuestionario sobre os textos lidos previamente e sobre información a recoller no museo (obras, autores, etc.). Os equipos gañadores reciben un pequeño agasallo.
Pero retomemos a historia de que como foi a xornada. Con bon ánimo e cos deberes feitos (lease lectura), saímos ás 8:35 h. do Instituto. Ao pasar por Meira detivémonos a dar un paseiño en Fonmiñá, ou sexa, no “nacemento do Miño”, do pai Miño.
Ás 10:30, 1º ESO A entra a facer a súa ruta no museo, mentras 1º B inicia a sua andaina polo adarve da muralla, que, como sabes, foi distinguida como patrimonio da humanidade. Pero sabías que é a unica muralla romana que conserva todo o seu perímetro? Ás 12:00, procédese ao cambio: 1º B entra no museo e 1º A comeza a súa andaina de 2.266 m. polo monumento.
Ás 13:30, reunión de ambos grupos e, como premio dado o bon comportamento de todo o grupo, saída cara o Centro comercial As Termas, onde se procede a liquidar o último bocata, ... se é que sobrevivira ata ese momento.
Ás 15:00, chegada ao Castro de Viladonga. Visita ao castro, visualización do interesante audiovisual, e visita ao museo, cada vez máis interactivo.
... E ás 17:30, arrivada a Ribadeo, non sen antes compartir no autobús
“Delícia, delicia
Assim você me mata
Ai se eu te pego, ai ai se eu te pego”
A actividade estivo organizada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega.
Nese mes, comezaron a lectura dos catro contos incluídos no libro Contos do museo. Ese é un requisito previo para o bon aproveitamento da actividade: subgrupos de cinco alumnos deben competir contestando, nun tempo limitado a un cuestionario sobre os textos lidos previamente e sobre información a recoller no museo (obras, autores, etc.). Os equipos gañadores reciben un pequeño agasallo.
Pero retomemos a historia de que como foi a xornada. Con bon ánimo e cos deberes feitos (lease lectura), saímos ás 8:35 h. do Instituto. Ao pasar por Meira detivémonos a dar un paseiño en Fonmiñá, ou sexa, no “nacemento do Miño”, do pai Miño.
Ás 10:30, 1º ESO A entra a facer a súa ruta no museo, mentras 1º B inicia a sua andaina polo adarve da muralla, que, como sabes, foi distinguida como patrimonio da humanidade. Pero sabías que é a unica muralla romana que conserva todo o seu perímetro? Ás 12:00, procédese ao cambio: 1º B entra no museo e 1º A comeza a súa andaina de 2.266 m. polo monumento.
Ás 13:30, reunión de ambos grupos e, como premio dado o bon comportamento de todo o grupo, saída cara o Centro comercial As Termas, onde se procede a liquidar o último bocata, ... se é que sobrevivira ata ese momento.
Ás 15:00, chegada ao Castro de Viladonga. Visita ao castro, visualización do interesante audiovisual, e visita ao museo, cada vez máis interactivo.
... E ás 17:30, arrivada a Ribadeo, non sen antes compartir no autobús
“Delícia, delicia
Assim você me mata
Ai se eu te pego, ai ai se eu te pego”
A actividade estivo organizada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega.
2/2/12
Aproveitamos o "Día dos Humedais" para facer observacións na Ría de Ribadeo.
O alumnado de 4º de ESO que cursa a materia de Bioloxía e Xeoloxía desprazouse ata a Ría de Ribadeo para realizar observacións de flora e fauna. Lembramos así que hoxe é o "Día dos Humedais"
11/1/12
Entregouse a cesta do sorteo de Nadal
Suscribirse a:
Entradas (Atom)