21/4/08

Crónicas de sociedade




Os alumnos de 4º ESO de Cultura Clásica, guiados pola súa profesora, elaboraron a exposición ubicada na Biblioteca co fin de dar a coñecer os aspectos básicos da vida cotiá no mundo antigo, dende o nome dos días ata os meses do ano, dende a distribución das ocupacións (dependendo do sexo) ata o disfrute do ocio, dende un prandium (almorzo) frugal ata unha cena copiosa.
Imaxes de política, sociedade, educación, infraestructuras, urbanismo, etc (do Latín et cetera “e o demais”) do pasado clásico mestúranse con imaxes deses mesmos aspectos da nosa actualidade, o resultado é descubrir e valorar que nin eles eran tan arcaicos nin nós tan modernos, que nunhas cousas adiantamos e noutras mantémonos iguais, que as nosas raíces están no mundo antigo e que gracias a elas somos como somos.

Agradecemento especial merecen os pais da alumna Sagrario Fernández Saavedra quenes nos elaboraron unha maxistral maqueta do Coliseum.

2/4/08

O departamento de administrativo leva ós seus alumnos ó xulgado


¿Tan mal se portan? Non, non é iso. Velaí o que aconteceu.
O pasado luns 31 de marzo, os alumn@s de Ciclo Medio de Xestión Administrativa e de 1º curso do Ciclo Superior de Administración e Finanzas, acompañados polos profesores José María e Anxo, participaron, na cidade de Lugo, nunha actividade extraescolar organizada polo Departamento de Administrativo.
Pola mañá asistiron a varias vistas nos Xulgados do Social de Lugo. Foron casos de reclamacións de cantidades por impago de salarios, demanda de despido improcedente, disconformidade coa calificación de incapacidade temporal como enfermidade común, … e incluso de mobbing (acoso laboral).
A valoración do alumnado foi moi favorable, xa que visualizaron exemplos de aplicación práctica de contidos estudados en clase.
Despois dun refrescante paseo polo adarve da muralla, Patrimonio da Humanidade, e única de orixe romana no mundo que conserva íntegro todo o seu perímetro (valoremos o noso!!), comprobaron aquilo de “..e para comer, Lugo.”
Á tarde realizaron unha breve visita guiada ó Museo Provincial, vendo en detalle a sección de arqueoloxía, etnografía, os mosaicos romanos, a expresiva “Ofrenda a San Ramón” de Asorey e a sección de ouriversaria, co Torques de Burela e o Cabalo Alado de Ribadeo.
Todos quedaron con gañas de volver, xa que o tempo foi escaso para aprezar a riqueza desta Institución.
E unha vez “vista para sentenza” a viaxe, voltaron no autobús a Ribadeo.

O concurso "As mates molan" xa ten gañadoras


O pasado venres 4 de abril tivo lugar a fase presencial e final do concurso “As mates molan”, organizado polo departamento de matemáticas e o equipo de normalización e dinamización lingüística do centro.
Para esta fase clasificáronse as alumnas: Ana alonso Pérez, do CPR Martínez Otero de Foz; Lucia Barrera López, do IES Perdouro de Burela; e Mª Victoria Durán López e Menalia Yáñez Basanta do IES Vilar Ponte de Viveiro. Estas alumnas acadaron as maiores puntuacións na fase web do concurso e foron as únicas concursantes que presentaron solucións aos seis boletíns de que constou esta fase.
A proba presencial consistiu na resolución de 8 problemas nun tempo máximo de hora e media. O tribunal avaliador, formado polos profesores José Carlos García Barro, Alfonso Piñeiro Funcasta e Montserrat Villar Riveira, tivo que valorar ás participantes por unha estreita diferenza de puntos, polo que foi preciso cualificar non só a corrección da solución aportada, senón tamén a claridade da explicación e expresión utilizada.
O primeiro premio recaeu en Ana Alonso Pérez, do CPR Martínez Otero de Foz, e o segundo en Menalia Yáñez Basanta, do IES Vilar Ponte de Viveiro. Tal e como establecen as bases do concurso recibirán, respectivamente, 100 € en vales de compra e un MP4.
Dende o departamento de matemáticas do IES Porta da Auga queremos agradecer moi sinceramente aos demais departamentos dos centros participantes a difusión deste concurso e aos alumnos e alumnas a súa participación
Felicitamos tamén a todos os participantes pola orixinalidade das respostas aportadas, fannos lembrar aos profesores que sempre temos cousas que aprender do alumnado.
Finalmente a nosa especial noraboa ás gañadoras e demais alumnas que chegaron á fase presencial, as catro teñen mérito, aínda que so podan recibir premio dúas delas.

1/4/08

A XIV feira está en marcha







Unha nova edición da Feira Da Ciencia e Tecnoloxía está en marcha.
Á inauguración, que tivo lugar hoxe ás 18:00, asistiu, entre outras autoridades, o Sr. Delegado Provincial da Consellería de Educación e o Sr. Alcalde do Excmo. Concello de Ribadeo.
Logo dun breve acto, os asistentes tiveron a oportunidade de presenciar o primeiro experimento desta edición, “o lanzapatacas”, unha especie de bazoca que utiliza como material pirotécnico o gas dun espray e unha pataca a modo de proxectil.
Pero as sorpresas non se acababan aí, dentro do pavillón onde se desenvolve a feira viuse unha demostración práctica de fabricación de biodiesel e dos plásticos máis primitivos que se obtiñan do leite, unha explicación do fraude que se esconde detrás do anuncio “cereais ricos en ferro”, dos efectos que o alcol produce non seres vivos, o control automático dun aparcamento e un moi longo etcétera xa que son máis de 80 experiencias e dúas exposicións: “Escher e as Matemáticas” e “Prestige, crónica negra dun modelo enerxético insostible”.
Nos días sucesivos, ata o venres 4 a mediodía, pasarán pola feira unhas 1000 persoas entre alumnado e público en xeral.

31/3/08

Rallye matemático


Un grupo de alumnos de 3º de ESO participuo no XVI Rallye Matemático sen Fronteiras 2008, organizado por AGAPEMA (Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática).
A proba desenvolveuse hoxe ás 16:00 e consistiu no traballo en grupo na resolución de problemas. Como se pode ver na foto, a entrega e concentración foi total.
Juan Soto, profesor de matemáticas, foi o que inscribiu a este grupo na proba e participou encargándose da vixilancia dun grupo no IES Vilar Ponte de Viveiro e, reciprocamente, unha profesora dese centro vixiou aos nosos participantes.
Na páxina de AGAPEMA pode atoparse máis información sobre esta proba, así como as solucións aos problemas propostos.

25/3/08

Teatro "Pisa la raya"


O venres 14 de marzo, último día de clase antes das vacacións de Semana Santa, o Concello de Ribadeo ofreceu para o alumnado dos centros de secundaria de Ribadeo a representación teatral “Pisa la raya”, da compañía alavesa Pikor Teatro.
Trátase dunha obra dirixida ao público xuvenil de 14 anos en adiante que recrea de forma divertida situacións tristemente habituais entre os xoves desas idades: a presión do grupo no consumo de drogas, a primeira vez que se proba, o medo á transgresión, o consumo compulsivo que caracteriza aos hábitos xuvenís, as drogas como evasión da realidade, o entusiasmo e a decepción, a adicción, a falacia que supón a distinción entre drogas legais e ilegais, a adulteración e sobre todo o grave risco que supón para o consumidor de calquera tipo de droga a ignorancia e a desinformación sobre o tema.
Do IES Porta da Auga asistiu o alumnado dos bacharelatos e ciclos formativos de administración, en total uns 90 alumnos e alumnas.

14/3/08

2008, XIV Feira da Ciencia e Tecnoloxía


De novo, a feira de abril marcará o paso de descubrimentos en ciencia no noso centro. Pouco que ver con edicións anteriores, menos aínda cas do principio, en tempos nos que non se coñecían as memorias USB, Youtube ou o chat. A feira de abril, neste caso, non é a de Sevilla, senón a da ciencia e tecnoloxía. A segunda neste curso: outra novidade despois da feira de outono, que se encadrou por primeira vez na semana europea da ciencia e tecnoloxía. Unha novidade que posiblemente pode variar as datas de realización da feira no futuro.
Catorce edicións dan para moito, algo que pode verse na web, pero tamén para soñar co moito que poden chegar a dar outras tantas. É para ter medo cavilando como sairá este ano: cada edición é un desafío para levar a cabo moitas actividades, e non todas saen ben, aínda que se poña esforzo. Como será este ano?.

11/3/08

Campaña de sensibilización sobre la enfermedad mental.




La Campaña MENTALÍZATE pretende informar, sensibilizar y formar a los jóvenes y educadores sobre la realidad de la enfermedad mental, su tratamiento, las conductas que potencian la salud mental y las acciones que favorecen la correcta detección de trastornos mentales.
La enfermedad mental es una patología severa y persistente, que en parte puede prevenirse con la ayuda de la comunidad educativa, colaborando en la detección precoz de síntomas, y educando en habilidades interpersonales para prevenir las conductas de riesgo, tales como el consumo de cannabis y otras drogas, y fomentando los hábitos de vida saludables.
La O.M.S. ha declarado que la falta de una buena salud mental en las primeras etapas de la vida, puede provocar enfermedades mentales a largo plazo, que acompañarán a la persona en toda su existencia. Actualmente, se calcula que al menos el 20% de los adolescentes y jóvenes del mundo sufren una enfermedad mental.
Es necesario que asociaciones, profesionales de la salud mental, familiares, centros educativos, trabajemos juntos para informar a los jóvenes y de esta manera, prevenir futuras enfermedades o al menos, poder detectar lo antes posible la aparición de alguna de ellas.
Es fundamental aumentar la conciencia social sobre las necesidades de los más jóvenes en materia de salud mental, ya que en estas etapas, la aparición trastornos emocionales y conductuales ha de tenerse muy en cuenta, y así prevenir el desarrollo de la enfermedad.
Los jóvenes viven muchas situaciones de riesgo en materia de salud mental: el estrés, los problemas emocionales, el abuso de sustancias desde edades cada vez más tempranas, las altas tasas de suicidios, los desajustes alimenticios... son problemas que los afectan y que pasan desapercibidos en muchas ocasiones.
Por todo ello, desde la ASOCIACIÓN DE AXUDA Ó ENFERMO MENTAL A MARIÑA consideramos que una Campaña Informativa y de Sensibilización sobre la Enfermedad Mental para jóvenes , es necesaria para acabar con mitos y prejuicios, acercarle a los jóvenes una realidad desconocida, así como facilitar información sobre los recursos apropiados de los que disponer de cara a afrontar una enfermedad mental.

5/3/08

Exposición O SON DAS BUGUINAS


Exposición itinerante sobre o tsunami con fotos de Paco Vila, ilustracións de Xulia Barros e textos de María Reimóndez.
No Porta da Auga, do 19 de febreiro ao 14 de marzo. Pódese visitar en horario lectivo.
Esta exposición, realizada por Implicadas no Desenvolvemento co obxectivo sensibilizar á cidadanía a través da cultura sobre a necesidade dun compromiso permanente na resolución da pobreza para evitar e previr desastres como o tusnami de 2004, chega ao Porta da Auga nun marco conxunto de actividades que están levando a cabo o Departamento de Lingua e Literatura Galega e o Departamento de Normalización e Dinamización Lingüística coa finalidade de sensibilizar ao alumnado sobre a problemática do terceiro mundo e a inmigración. Todas estas actividades estanse realizando ao longo do curso en sucesivas fases:
1ª fase: Lectura do libro en 1º de bacharelato do camerunés Víctor Omgbá, Calella sen saída, no que relata as experiencias migratorias dun estudante do Camerún que chega a Madrid coa pretensión de rematar a súa carreira de dereito e acaba sendo repatriado ao seu país como un ilegal máis. Lectura do libro en 3º da Eso de O son das Buguinas, un libro solidario que inclúe un DVD promovido por Implicada/os no Desenvolvemento e, como o seu nome indica, harmoniza coa devandita exposición.
2ª fase: Recollida e selección de poemas, que versen sobre este tema, de diversos autores galegos e de creación propia para un recitado de poemas con proxección audiovisual que realizaremos a finais de curso.
3ª fase: A posta en contacto con Implicadas para que nos cedesen a exposición e para a súa colaboración nos actos finais de curso.
4ª fase: O acto final de curso, previsto para a segunda quincena en data por determinar, que incluirá:
- A proxección do vídeo de Manu Chao titulado Clandestino
- A realización dunha mesa redonda na que estarán presentes o escritor Víctor Omgbá, a cooperante de IND Olga Castro,
e todo o alumnado que queira participar.
- Un recital poético con proxección audiovisual e audición musical no que os alumnos lerán os textos escollidos durante
curso e os da súa propia creación.
- Finalizaremos o recital cantando os alumnos a canción de Manu Chao.

29/2/08

2ª sesión de cinensino


Onte o alumnado de 1º e 2º de ESO asistiu no cine teatro de Ribadeo á segunda proxección programada para este curso no cinensino.
Os alumnos e alumnas tiveron a oportunidade de ver a película "Salvatore. Así es la vida" (Gian Paolo Cugno, 2006), unha produción Disney rodada en Italia con actores deste país e en italiano.
O protagonista, Salvatore (Alessandro Malliaen) é un rapaz ao que lle more o pai nun accidente laboral, que o obriga a coidar el só da súa avoa e da súa irmá; o filme é unha película optimista sobre o poder da educación e da cultura. Neste sentido hai dous personaxes importantes: o mestre Marco Brioni (Enrico Lo Verso) e a asistenta social Laura Valvo (Galatea Ranzi). O primeiro correspóndese ao profesor vocacional que está disposto a desafiar as normas con tal de conseguir o seu obxectivo e que é capaz de ver a educación como algo máis ca unha mera acumulación de datos. A asistenta Laura, pola súa parte, representa a institución que moitas veces non é capaz de ver o aspecto humano da situación, aínda que neste caso non é un personaxe plano, polo que non cae na categoría simplemente negativa.

21/2/08

Obxectivos de desenvolvemento para o milenio.


Dende o día 18 ao 22 deste mes, no primeiro e segundo andar do edificio, expóñense 10 carteis cos que a ONG “Paz y Desarrollo” pretende dar a coñecer os oito obxectivos de desenvolvemento para o novo milenio que se fixaron no Cumio do Milenio das Nacións Unidas, celebrado en setembro de 2000.
Estes obxectivos son:
1.- Erradicar a pobreza e a fame.
2.- Lograr a ensinanza primaria universal.
3.- Promover a igualdade de xénero e a autonomía da muller.
4.- Reducir a mortalidade infantil.
5.- Mellorar a saúde materna.
6.- Controlar o VIH/SIDA, paludismo e outras enfermidades.
7.- Garantir a sustentabilidade ambiental.
8.- Fomentar unha asociación mundial para o desenvolvemento.
Agora, como se di en cada un dos carteis, quizais nos debamos preguntar: estamos facendo algo?.

19/2/08

Theatre in english


Last Friday 8th February some students of IES Porta da Auga, IES Dionisio Gamallo and IES Marqués de Casariego, went to a theatre play by Clever Pants – Ronnie O. and Julie F.
It was a romantic story; a boy and a girl fall in love at first sight, but they have a problem – football. Yes, their families are supporters of the two rival teams in town – United and City. They are enemies! So, they decide to run away somewhere without football.
During the play the actors invited some of the students to take part in the show, but…we are so shy, aren’t we, Álvaro and Jorge?

11/2/08

Os amores hei


Para dinamizar o uso da lingua galega entre os mozos e mozas e o mesmo tempo interrelacionala coas novas tecnoloxías, o departamento de lingua galega e literatura xunto co equipo de normalización lingüística organiza un concurso que leva por lema OS AMORES HEI, para todos os alumnos e alumnas do centro agás o 1º ciclo de ESO.
O alumnado participará enviando mensaxes de amor en prosa ou verso e en lingua galega a través da rede. Cada participante limitarase a un espazo (350 caracteres) e a un número de mensaxes (5).
Para participar, cada alumno/a ten que acceder ao enlace na web do instituto onde está o formulario dende o que deben enviar a mensaxe.
Para elixir os gañadores valorarase a orixinalidade e creatividade das mensaxes que se envíen ata o día 5 de maio de 2008.

1/2/08

Rutas literarias polo museo de Lugo


O 31 de xaneiro os nosos intrépidos aventureiros de 1º da ESO realizaron unha visita inusual ao Museo Provincial de Lugo.
Iniciaron esta experiencia lendo o libro Contos do Museo, composto por relatos escritos por catro magos lucenses das letras: Xabier P. Docampo, Agustín Fernández Paz, Paco Martín e Xosé Miranda. Os rapaces adentráronse en engaiolantes historias ambientadas no museo polas que buligan almas en pena, pezas arqueolóxicas enmeigadas, paxaros excepcionais ou travesos trasnos, aderezadas con temas como o amor, o misterio e o humor. Os textos ademais veñen acompañados de ilustracións realizadas por debuxantes tamén lucenses.
A segunda parte da andanza consistiu na visita ao Museo, alí tiveron que indagar polas diferentes salas, divididos en grupos e co libro lido na man, buscando as respostas dunha vintena de preguntas relacionadas cos relatos ou co propio Museo. A verdade é que a ardua pescuda deu os seus bos resultados e tamén tivo os seus premios.
Foi toda unha aventura que, segundo a opinión dos propios protagonistas, estarían dispostos a repetir.

31/1/08

Día Mundial dos Humedais


Os alumnos de 4º ESO que cursan a materia de bioloxía e xeoloxía, fixeron hoxe unha saída á Ría de Ribadeo para conmemorar o Día Mundial dos Humedais que se celebra a nivel internacional o vindeiro sábado 2 de febreiro.
Trátase dunha actividade que se realiza tódolos anos e que pretende achegar ós alumnos ó seu entorno, para inicialos no recoñecemento de aves invernantes así como das principais comunidades vexetais que se asentan na Ría. Realmente, tivemos sorte co día porque aínda que facía frío, houbo sol toda a mañá e puidemos contemplar un montón de aves que veñen do norte de Europa a pasar connosco o outono-inverno: garzas, garcetas, cormoráns, correlimos, mazaricos, pato asubión, alavanco real, pato careto e mesmo unha especie accidental que non está tódolos anos: a espátula.
Parécenois interesante facer este tipo de actividades porque non cabe dúbida que ter un patrimonio natural así ó pé da casa é un privilexio, pero coñecelo é o primeiro paso para aprender a valoralo e polo tanto loitar pola súa conservación.

Prevención de doenzas na columna vertebral




Dona Paloma Rodríguez Oviedo, enfermeira do Hospital Da Costa, está a facer un estudo de investigación sobre o efecto nocivo que as posturas viciadas e o exceso de carga nas mochilas exercen sobre a nosa columna. Coa finalidade de previr problemas tan comúns como a escoliose, imparte charlas informativas dirixidas ao alumnado do 1º ciclo da ESO e leva a cabo un sistema informático de recolleita de datos de peso e altura dos rapaces de secundaria dos distintos centros da Comarca da Mariña.
Así, o martes 22 e 29 de xaneiro estivo no Porta da Auga informando e suxerindo aos nosos aprendices a adopción dun conxunto de medidas sinxelas tales como a práctica dun deporte, a realización dunha táboa de exercicios de estiramento e relaxación, ou a correcta colocación dos tirantes da mochila sobre os dous ombros, destinadas á prevención de doenzas na columna.

29/1/08

Día da Paz


Con motivo do aniversario do asasinato de Gandhi (Mohandas Karamchand Gandhi), o apóstolo da non violencia, o día de 30 de xaneiro de cada ano celébrase o Día Escolar da Non-violencia e da Paz.
Terrorismo, guerras “preventivas” e “santas”, ameaza nuclear, Guerra das Galaxias,... son termos cos que estamos acostumados a convivir. A Humanidade, con tantos séculos de historia, aínda non foi quen de conseguir un entendemento entre os pobos, culturas e relixións. A paz segue sendo un desexo.
Neste 60 aniversario da morte de Gandhi, o Seminario Galego de Educación para a Paz, baixo o lema “A obsesión armamentista”, invítanos a reflexionar sobre a carreira armamentista e o comercio de armas. Para elo presentou unha unidade didáctica coordinada polo profesor Calo Iglesias como proposta concreta de traballo, así como outro tipo de materiais que podemos atopar na súa web: http://www.sgep.org/.

24/1/08

Visita ao Parlamento de Galicia


Os alumnos dos ciclos de Administrativo viaxaron o pasado 23 de xaneiro para visitar o Parlamento Galego, como parte das súas actividades de aprendizaje.
Acompañados dos profesores Amadeo Arango e Miguel López, e tras cruzar media Galicia, chegaron á cidade do Apostol a media mañá e dirixíronse inmediatamente á sede do parlamento, onde -tras pasar polo detector de metais, no que lles foi aprehendido todo tipo de armamento- foron recibidos pola guía, Sara.
No seu percorrido, os desarmados alumnos visitaron as diferentes estancias do Parlamento: salas de reunións dos grupos parlamentarios, biblioteca e o remozado hemiciclo, no que luce unha recente e fermosa vidreira.
Terminada a visita, e tras recuperar o seu arsenal armamentístico, dispuxeron de tempo libre para visitar a zona monumental de Santiago, almorzar e facer prácticas de tiro cos transeúntes.
Pola tarde, e tras visitar o Museo do Pobo Galego, voltaron ó I.E.S.
Os alumnos e os profesores –especialmente, os que quedaron no IES- valoraron moi positivamente a actividade.

14/1/08

Charla de Farruco Graña


O día 11 de xaneiro Farruco Graña, profesor de filosofía no I.E.S. Marqués de Casariego (Tapia), presentou a súa novela O BOSQUE DE NADGOR aos alumnos de 2º de Bacharelato humanidades e tecnolóxico.
A pretensión do autor é que cada alumno/a (ou lector/a) saque as súas conclusións sobre a desfeita urbanística que se está a dor hoxe en día na maioría dos concellos. Na exposición insistiu sobre todo no antes e no agora da paisaxe galega. É certo que Galicia está á procura do progreso, de mellorar as condicións de vida... é xustiza social, pero para iso debemos destruír o que temos ou o que tivemos?.
Despois de proxectar imaxes de varios lugares, púidose observar o que eran antes e o que son hoxe eses lugares, invadidos na súa maioría polo asfalto.
Explicou Farruco que a preocupación estética pola paisaxe xa ten traxectoria ao longo da nosa literatura, dende Rosalía de Castro, Eduardo Pondal, Ramón Cabanillas, Otero Pedrayo, Risco ou mesmo Castelao que afondan na paisaxe como elemento diferenciador,incluso este último opón o ruralismo á cidade.
O BOSQUE DE NADGOR está ambientada no concello de Carballo (vila natal do autor), pero pode servir para facer unha denuncia da desfeita urbanística de calquera outro concello. Esta desfeita váinola descubrindo o protagonista, Nolo, despois de atopar un álbum de fotos do seu avó e unhas anotacións da historia da súa vila. A través delas dáse conta de que no concello só hai ambición por construír edificios, encher de formigón, asfalto... e que pouco queda xa daquelas imaxes antigas nas que había xardíns, paseos, arquitectura...
O autor afirma que moitas vilas compiten nunha carreira polo asfalto e nunca volverán a ser o que eran, pero ás persoas que lles preocupa a situación teñen que evitar, polo menos na memoria, esa imposición do cemento, polo tanto trátase de recuperar unha viaxe cara o pasado.
A novela tenta transmitir que a xente se conciencie da necesidade de conservar espazos e non dedicarse á especulación, e eses espazos hai que buscalos en beneficio de todos.
Insiste Farruco en que o problema de Carballo hoxe en día é moi xeral, non temos máis que observar o veciño concelllo de Barreiros, ou o noso propio Ribadeo, que con tanta adificación apenas quedan zonas verdes, e en moitos lugares xa non chega a luz do sol, ocultada polos edificios.

21/12/07

Bo Nadal e feliz 2008!.

Borja Pardo Iglesias


A educación, capaz de transformar a mulleres e homes en seres humanos,
hanos de levar a ese Nadal que todos desexamos.

Felices Festas e bo ano 2008!.