12/2/09

A Capela das Virtudes, Arante


Con motivo da celebración dos 200 anos da vitoria dos veciños de sete parroquias (4 de Ribadeo e 3 de Trabada) ás tropas francesas de Napoleón na Ponte de Arante, o Concello de Ribadeo, en colaboración coa Fundación Comarcal da Mariña Oriental, organizou visitas ao lugar para os centros escolares.
O martes, día 10, os alumnos de 2º de ESO tiveron ocasión de revivir a singular batalla, explicada polos profesores, e contemplar os retablos da Capela das Virtudes (Arante).

29/1/09

Unha ruta no museo


Por fin chegou o esperado día de visitar o Museo Provincial de Lugo.

Chegamos a el cara as 10:30 da mañá aproximadamente. Unha vez alí dividíronnos en grupos, entregáronnos un folleto a cada un de nós e dixéronnos que tratásemos de dar resposta ás vinte preguntas que figuraban nel.

Fomos facendo un percorrido polo museo buscando as respostas ás preguntas. Ao memso tempo visitamos o Claustro, que é moi fermoso, onde vimos varios reloxos de Sol. No centro atópase un pozo de pedra. Tamén vimos pinturas, de artistas lucenses e ourensáns.

Cando rematamos de contestar as preguntas fomos á sala dezasete, onde nos agardaba un monitor xunto coas nosas profesoras e foinos facendoa as preguntas ás que respondía cada un dos portavoces dos catro equipos que formáramos. Houbo un premio para cada un dos compoñentes do grupo gañador. O meu equipo quedou segundo.

Penso que volverei ao Museo, houbo moitas cousas que non vin e que me gustaria facelo.



Daniel Pedrosa (1º B)

Pradolongo




O pasado xoves, día 22 de xaneiro do 2009, estudantes da ESO e Bacharelato dos institutos IES Porta da Auga e IES Gamallo Fierros, ámbolos dous de Ribadeo, atopáronse nas salas de cine do pobo con motivo da proxección do filme galego “Pradolongo”.
“Pradolongo” desenvólvese arredor de dúas temáticas principais: o amor e a natureza. Unha canteira situada na zona ameaza coa posesión de todas as leiras, prados e terras dos habitantes da aldea e a consecuente destrución de tan bonita paisaxe natural, o que beneficiará a uns e a outros non tanto. Paralela a esta historia, e non independente, está a de Martiño, Raquel e Armando, que descubrirán como co paso da tempo deixaron de ser simples adolescentes a ter responsabilidades da vida adulta... algo que non todos tomarán do mesmo xeito.
“Padrolongo” amósanos as insólitas paisaxes ás veces esquecidas da nosa terra: os costumes, as verbenas do pobo, etc. É por isto polo que moitos espectadores, grandes ou cativos, se ven reflectidos dalgunha maneira na trama da película.
Ao rematar a película, Rubén Riós (Martiño na ficción) tivo un pequeno coloquio cos rapaces e profesores. No mesmo, contoulles aos estudantes divertidas anécdotas que tiveron lugar durante a rodaxe da película, así como lles deu consellos a seguir nas súas carreiras e estudos. Rubén falou tamén acerca do audiovisual galego, que non evoluciona demasiado debido, precisamente, á escasa rodaxe de filmes.
Trátase da primeira película rodada integramente en galego dende o 2002. Foi premiada no Festival de Cine de San Sebastián, e recibiu varios premios en Galicia. Entre os seus proxectos próximos destaca a estrea da película en París en marzo deste mesmo ano.

22/1/09

Concurso As Mates Molan


Por segundo ano consecutivo o departamento de matemáticas fai un chamamento aos alumnos e alumnas de ESO da Mariña a que se animen a resolver problemas, conscientes que esta actividade, ademais de ser unha das principias finalidades das matemáticas, reporta a quen a practica a satisfacción necesaria para a motivación, o aprendizaxe e a adquisición da competencia matemática.
Utilizando a web como medio de difusión e participación, este concurso consiste en resolver cinco boletíns de catro problemas cada un, nunha primeira fase que se desenvolverá dende o 30 de xaneiro ata o 17 de abril. Gradualmente, a intervalos duns 15 días, iranse publicando os boletín na web do departamento de matemáticas, establecéndose un prazo para a entrega das solucións, que tamén se poden enviar por correo electrónico.
Finalmente, os/as concursantes que acaden unha maior puntuación realizarán a última fase do concurso consistente nunha proba presencial no IES Porta da Auga o día 5 de maio. Os/As gañadores/as en cada unha das categorías establecidas, 1º e 2º de ESO por un lado e 3º e 4º polo outro, recibirán 100 € en vales de compra.
Para participar non se necesita ningún tipo de inscrición, tan só hai que enviar as solucións aos boletíns seguindo as instrucións que aparecen na paxina web do departamento. Ademais, tampouco é necesario presentar as solucións a todos os boletíns nin a todos os problemas.

Esperamos que moitos alumnos e alumnas se animen a participar, non teñen nada que perder, seguro que aprenden moito e ao mellor aínda gañan algo.


http://www.demates.es/ (web do departamento de matemáticas)


19/12/08

Felicitación


Carla (3º ESO)


Os mellores desexos para toda a Comunidade Educativa nestas festas de Nadal e ano novo 2009.

Conferencia sobre a doazón e transplante de órganos.


O mércores día 17 de decembro do 2008, estudiantes de bacharelato e ciclos formativos dos IES Porta da Auga e Gamallo Fierros asistimos a unha conferencia acerca da doazón de órganos no salón de actos deste último.
O presidente da Asociación Galega de Transplantes “Airiños” e máis dous representantes do equipo de doazóns e transplantes do hospital de Ferrol foron os encargados de levar a charla. Con eles estaba Miguel Pérez, membro tamén da asociación.
O presidente da mesma, Tito, quen nos comentou que el mesmo é un transplantado de fígado dende hai uns anos, salientou como obxectivos principais da asociación o apoio a aquelas persoas que están en lista de espera agardando un órgano, así como ás súas respectivas familias e, por suposto, o fomento da doazón.
A Dra. Isabel Álvarez e o ATS Juan Campo explicáronos as distintas fases no proceso de doazón. Así mesmo, trataron de deixar clara a diferencia entre morte por parada cardiorrespiratoria e morte cerebral, sendo esta última a válida para a extracción dos órganos. Expuxeron, ademais, os criterios de selección de receptores: paciente máis compatible, urxencia, autonomías, etc. Citaron o tempo no que se mantén cada órgano en bo estado antes de ser transplantado, sendo o fígado o máis duradeiro (24-48 h) e corazón e pulmón os menos (máx. 6 h)
Fixéronnos saber datos como que España é un dos países con máis auxe de transplantes. En Galicia 4000 persoas foron transplantadas e unha décima parte dos pacientes en lista de espera falece agardando un órgano.
Por último, incidiron sobre os rapaces no feito de facerse doadores mediante unha curtametraxe relacionada co tema.
Tan só engadir que é moi fácil facerse doador e conseguir a tarxeta. Só temos que solicitala, por exemplo, no centro de saúde do noso concello, e axiña recibiremos o carné. Sería conveniente que lle comentásemos a nosa elección aos nosos achegados. Para posibles dúbidas pode chamarse á Oficina de Coordinación de Transplantes de Galicia, 981542863.
O obxectivo de todos é o de conseguir o maior número de doantes posible e así reducir a porcentaxe de pacientes que morren agardando na lista de espera.

18/12/08

Recital poético Calella sen saída




O pasado luns 15 de decembro os alumnos de 2º de Bacharelato coa colaboración de rapaces de 2º de ESO realizamos un recital poético que serviu como actividade de peches desta primeira avaliación.
O tema principal do mesmo foi inmigración a e pobreza do Terceiro Mundo. Ademais de recitar os distintos poemas, contamos coa colaboración do escritor afro-galego Victor Omgbá, autor do libro Calella sen saída, que aborda esta temática e que nos serviu para darlle título ao evento.
Mantivemos unha amena charla con el e puidemos coñecer a súa visión como inmigrante e tamén algúns aspectos da cultura do Camerún.
Como broche final do acto unhas rapazas de 2º de ESO interpretaron o tema Clandestino de Manu Chao.

12/12/08

Exposición de Metroloxía.

Durante estes días e ata o 19 de decembro o IES conta coa exposición Medindo o Universo, a historia das medidas.
Consta de 17 paneis nos que se fai un percorrido a través da historia das medidas, dende os exipcios ata a actualidade.
Cales foron os primeiros problemas derivados da necesidade de medir?. Como se amañou Eratóstenes no século II a. de C. para medir o diámetro terrestre?. Cales son os antecesores das actuais sinalizacións quilométricas das nosas estradas?. Cantos antepasados ten o sistema métrico decimal?. Como se fixo o primeiro mapa de Galicia?. A resposta e todas estas preguntas pode lerse nos paneis da exposición, e coñecer, por exemplo, os obstáculos que se foron superando para controlar a medida do tempo, algo que hoxe en día nos parece tan doado.
Pero non está todo feito, a medida afronta actualmente novos retos nos que se traballa intensivamente nos centros de metroloxía de todo o mundo, como o Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia, organismo que ten a súa sede no Parque Tecnolóxico de Galicia en San Cibrao das Viñas, Ourense, e que nos cedeu a exposición.
Se queres ver a exposición, ademais de visitala no IES Porta da Auga, podes atopar información no enlace http://www.medindo.org/descargas.html.

12/11/08

Micoloxía




Para non perder as boas costumes, a semana pasada tivemos no laboratorio de ciencias unha exposición de setas. Aínda que non se puido facer a saída habitual ó Campo do Oso porque os dous días elexidos chovía que metía medo, os alumnos trouxeron voluntariamente os exemplares que atoparon e montamos unha pequena exposición na que se podían observar entre outras: Amanita muscaria (seta dos enanitos), Lepiota procera (parasol), Coprinus comatus (coprino), Boletus badius (boleto), Sparassis crispa (coliflor), Poliporus sulfureus, Lycoperdum maximum (bejín xigante) e Lycoperdum molle (peido de lobo).
Por suposto que había moita menos variedade ca outros anos, pero pese a todo, a actividade mereceu a pena e foi aproveitada por moitos alumnos.

31/10/08

I Mostra de Ciencia e Cinema



Do 22 ao 24 de outubro a Casa das Ciencias da Coruña organizou a I Mostra de Ciencia e Cinema na cal participaron, como membros do xurado da sección xove, dous alumnos de 4º de ESO deste instituto, Jairo Valea López e Sandra Regodeseves López, . Velaquí as súas experiencias:

A viaxe en bus foi un pouco pesada, pero gustoume moito ir á Coruña grazas á hospitalidade e ao ben que se portaron con nos os monitores, Bibiana e Fuco. Había seis colexios ademáis do noso: tres da Coruña, un de Pontevedra, un de Vigo e un de Cambre. As películas eran todas moi boas, o problema é que non todas podían ganar. A organización tivo un bonito detalle ao levarnos a ver o Aquarium (retrasaron a cea das focas para que nós puidésemos ver como lles daban a comida) que foi unha experiencia marabillosa. Logo volvemos á Domus, onde se proxectaban as películas, para escoitar a conferencia de Javier Jáuregui sobre a contaminación lumínica, un tema moi interesante e a ter en conta. Non puidemos escoitala toda debido a que os rapaces e rapazas dos colexios que non eran da Coruña tiñamos que ir ao hotel, que era fantástico. O venres rematamos de ver as películas e tivemos que decidir cal era a mellor. As votacións foron reñidas e acabaron empatadas dúas películas: "os lingüistas", trataba de dous homes que investigaban as linguas que están a piques de desaparecer, e "Terra Incógnita", sobre un pai que tiña unha filla tetrapléxica e investigaba coas células nai. Ao final repartimos o premio de 2000 euros entre as dúas, xa que criamos que as dúas o merecían.
Agora so me queda agradecer ao instituto en xeral por permitirnos esta bonita e inesquecible, e probablemente única, experiencia e polo seu interese por nós durante a viaxe e tamén darlle as grazas a Antonio Gregorio por pensar en nós. Se algunha vez volo ofrecen non o dubidedes e ide.

Sandra Regodeseves López


O día 22 de outubro saín da estación de autobuses con dirección a Coruña. Chegamos alí cara ás 11:20. Logo comezamos a ver as películas. Ás 14:00 comemos e ás 16:00 fomos ao Acuarium. Logo tivemos unha conferencias sobre a contaminación lumínica. Partimos logo para o hotel e ceamos.
Estiven vendo a televisión e durmínme ata o día seguinte.
Ó día seguinte volvemos a ver varias películas e fixemos a votación. Gañaron 'The Linguists' e 'Terra incógnita”. Comemos e ás 4 estabamos rumbo a Ribadeo.
Paseino moi ben.

Jairo Valea López

30/10/08

Percorridos. Artes plásticas na Mariña.

O mércores 22 de outubro, os alumnos e alumnas de 3º ESO tiveron o privilexio de saír do instituto por uns intres e visitar a exposición Percorridos: Artes plásticas da Mariña, sita no castelo de San Damián. Esta exposición colectiva ubícase en diferentes espazos da provincia (Mondoñedo, Cervo, Ribadeo) e integra unha selección variada da obra de artistas lucenses de varias xeracións e, polo tanto, múltiples sensibilidades.

A visita foi dirixida por un dos creadores da mostra e antiguo compañeiro de profesión, Mauro Leivas, quen, nun esforzo didáctico encomiable pola súa parte, tentou resumir as rupturas, movementos e transformacións da arte para comprender mellor a escolma de pezas alí recollidas.

A escultura, a fotografía, a instalación, o video, a pintura e o debuxo dábanse a man nun equilibrio sintetizador, ejemplificando o discorrer híbrido da creación actual, moi deudora aínda das convulsións estéticas do pasado século.

A charla foi amena e a visita fíxose breve, a proposta cumplira a súa función de enriquecer as miradas do alumnado e deixou no ar moitas preguntas sobre o actual labirinto da arte e os seus amplos e personais vieiros.



Oscar Villanueva

23/10/08

El beso del Sahara


Dentro del programa de animación a la lectura organizado por el IES “Porta da Auga”, Gonzalo Moure presentó su libro El beso del Sahara a los alumnos de la ESO. La exposición fue muy animada y, como siempre, el autor, supo captar la atención de su auditorio. No se trataba de hablar sobre un libro previamente leído, sino de suscitar el interés por su lectura sin desvelar el contenido de la obra.
Gonzalo Moure tiene desde hace tiempo una estrecha relación con el pueblo saharaui, viaja con frecuencia a la región en la que habitan varias de sus familias de adopción y es un apasionado defensor de la causa de este pueblo olvidado en los confines del desierto. Su presencia en el instituto contribuyó, por lo tanto, a recordar una deuda moral que nuestro país tiene con los pobladores de su antigua colonia.
El coloquio posterior a la charla brindó la ocasión de que numerosos alumnos se interesasen por la vida y la cultura del pueblo saharahui, que vive en unas condiciones extremas, difíciles de imaginar. No solo fue un acto de animación a la lectura, también constituyó una llamada a la solidaridad.
Los organizadores de la actividad esperan que los asistentes al acto lean la obra y experimenten una transformación similar a la de la protagonista, aunque advierten que con ello corren un cierto peligro.

22/9/08

Segunda parte do intercambio escolar con Les Sables D'Olonne



Rematou cun rotundo éxito o cuarto intercambio escolar que este centro realiza co colexio Notre-Dame de Bourgenay de Les Sables D´Olonne, Francia.
Dende o 12 ao 21 deste mes 26 alumnos e alumnas dos cursos de ESO viaxaron a Francia devolvendo a visita que os escolares franceses nos fixeron no mes de abril. Estiveron acompañados das profesoras Julia Gallego e Teresa García que xa coñecían a localidade de visitas anteriores.
Ademais da convivencia en familia, de disfrutar da bonita cidade de Les Sables D'Olonne, das súas praias e alrededores e practicar o francés, aproveitaron para visitar os parques temáticos de Puy du Fou e Futuroscope de Poitiers, o centro da prehistoria Le Cairn e lugares de interese da cidade.
Foron uns días ben aproveitados dos que seguro que gardarán uns gratos recordos, tamén grazas a magnifica acollida e hospitalidade que en todo momento lles brindaron os nosos amigos franceses.

Número XVII da revista XERFA


O novo número da revista XERFA está máis que nunca cheo de participacións dos nosos alumnos e alumnas en forma de poesías, contos ou entrevistas a personaxes tan coñecidos como María Castro ou Antón Durán.
Vótelle unha ollada aquí.

30/5/08

Intercambio Rianxo-Ribadeo


O pasado mércores 28 concluíuse o intercambio realizado entre os institutos Félix Muriel de Rianxo e o Porta da Auga, que tiña como principal obxectivo a convivencia e coñecemento dos dous pobos, fomentando o galego.

O proxecto comezou coa nosa viaxe a Rianxo no mes de abril, onde a pesar do mal tempo, puidemos coñecer o pobo e ter un maior vínculo cos rianxeiros/as.

Este mes foi o seu turno, e polo tanto o traballo recaeu sobre nós para darlle unha boa benvida. Despois dunha breve presentación e actuación por parte dos alumnos comezou a visita polo noso pobo. O tempo, unha vez máis, xogounos unha mala pasada e os plans previstos víronse bastante truncados, pero aínda así puideron coñecer bastantes recunchos da nosa vila, a pesar de que moito do recorrido fora en autobús.

Levámolos a Santa Cruz, onde camiñamos e posteriormente baixamos ao pavillón a realizar xogos populares. Visitamos lugares emblemáticos da vila (o concello, o parque, o faro, diferentes rúas,...), tivemos algo de tempo libre, e despois continuamos a nosa visita pola zona costeira ata a vila mariñeira de Rinlo, onde finalizou a nosa experiencia.

Agardamos que o noso pobo lles gustase e que quedaran contentos coa visita!.


Andrea Martínez

Antía Blanco

29/5/08

Viñeron os(as) de Rianxo...


Este mércores 28 os alumn@s e profesores do IES Felix Muriel de Rianxo viñeron, dentro das actividades de intercambio promovidas polo Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística, devolvernos a visita. Nin a auga caída foi quen de augarnos a festa!
Nada máis chegar, a iso das 12, recibímolos como se debe: no Salón de Actos, con saúda do noso Dire e unha breve e interesante explicación de como é este curruncho da nosa Terra que é Ribadeo, do traballo que fixemos e estamos facendo do equipo, proxección visual, lectura de algún poemiña e ata interpretación artística cantada; todo isto, claro está, a cargo noso, dos alumnos/as.
Santa Cruz foi o que veu a continuación. Vista panorámica, xogos ... que quedaron reducidos ao tiro de corda porque ... coa que caía! Iso si, puidemos dar boa conta dos bocatas que levábamos.
E como chovía, un pouco de pavillón, con xogo de billarda, pano e convivencia-convivencia, no que algúns tiveron máis éxito que outr@s.
Mirasol-Figueirúa, percorrido polo paseo marítimo Alfonso Rodríguez Castelao (mira que é bonita a Ría con Castropol e As Figueiras do outro lado!), visita a Cargadeiro e Forte San Damián (con explicación documentada pola nosa parte) e, para rematar, chegada ata o faro de Illa Pancha.
Volta a Ribadeo, breve paseo por San Roque, as Catro “Calles”, parque (Torre dos Moreno e Pazo de Ibañez) e tempo libre.
E para rematar un moi agradável paseo pola zona do porto de Rinlo, aproveitando o mellor sol do día. Entrega de obsequios e, con certa pena, despedida. A vida segue e quizás algúns e algunhas nos volvamos ver ...

19/5/08

3ª Sesión de cinensino


O pasado mércores, día 14 de maio, o alumnado do 1º ciclo de ESO asistíu á proxección do filme "Un puente hacia Terabithia" na que foi a terceira e última sesión, neste curso, do programa cinensino.
No filme Jess (Josh Hutcherson) e Leslie (AnnaSophia Robb) son dous nenos de doce años cunha imaxinación desbordante. Desde o primeiro día que se coñecen na escola, o seu desexo de escapar dunha realidade mediocre que non lles agrada levaraos a crear na metade do bosque un mundo imaxinario e marabilloso: Terabithia. Este mundo fantástico, do que eles son amos e señores, acabará sendo un reflexo da súa realidade cotiá e axudaralles a enfrontarse a certos medos e inseguridades e a establecer entre eles un vínculo tan forte que non poderá ser roto por nada nin ninguén.

14/5/08

XIII día da Ciencia na Rúa de A Coruña


O que é a vida: a Feira da Ciencia do IES porta da Auga vai unha edición por diante desta macro feira de A Coruña. Macro polo número de participantes e centros, así como polo número de proxectos e difución comparada coa nosa. Pero precisamente por eso van un pasiño por detrás nalgunhas cousas. Tamén eles están a plantexarse unha pequena reducción de tamaño, a pesares de que teñen sitio e o tamaño facilítalles o ter un orzamento grandiño. E é que o máis grande non ten por que ser mellor.
Voltando ó tema principal, o pasado 10 de maio 23 alumnos e alumnas, unha profesora e un profesor achegámonos á Coruña, o Parque de Sta. Margarida, para participar na primeira edición deste evento con participación do galego. E é que ata o momento toda a cartelería se facía só en castelán. O por que do cambio? Política municipal.
Non damos entrado en materia. Repetición: 23 alumnos e alumnas, que trouxeron como agasallo unha camiseta, a bolsa da comida, un pin... e outras cousas como unha volta gratis pola Coruña ou unha lesión nunha perna no Corte Inglés (que xa é categoría ser atendido no botiquín de dito comercio)
Pero, non era un día de ciencia? Certo. Por turnos, na carpa asignada ('jaima', na denominación aborixe coruñesa), foron expostos os traballos Circuíto humano, Mesa de billar trucada, Cubiño de xeo en aceite, Visión vacuna, Esqueleto de raposo, O Ferro dos cereais, Imáns que levitan, Vasos pegañentos e Tamiz hermético, todos vistos na nosa feira de abril deste ano.
O ambiente, a pesares da choiva, foi moi bó. Ata houbo intercambio de números de móbiles e correos electrónicos con xente foránea, chamada moitas veces de intención para visitar a nosa carpa. A atención á xente de fóra, exquisita. Anécdotas, moitas, pero coido que deben ser contadas pola xente que as viviu. Aprendizaxe? Abondo; sempre se ve algunha novidade e afeitos á nosa feira, sempre se procura con maior eficiencia que os que van de visita a unha exposición coma este.
Unha precisión: a gratuidade ven de que os 'Amigos da Casa das Ciencias' nos pagan a viaxe precisamente para que levemos experiencias amosadas aquí, na nosa feira.
En resumo, hai xente que xa está esperando a próxima edición para participar e 'aprender' cousas, alí e dándose un garbeo pola Coruña, por exemplo, polo Acuario, que ese día está aberto e ten transporte e entrada gratuítos para os participantes como nós.

28/4/08

Xa está en marcha un novo proxecto de intercambio


O Consello de Europa insiste na necesidade de que as persoas desenvolvan competencias suficientes en máis de una lingua estranxeira para relacionarse con outros membros dos países europeos. As persoas plurilingües poden aproveitar plenamente as vantaxes que representa vivir nunha Europa multicultural: saber linguas contribúe ao pracer de viaxar e axuda a facer amigos; ademais, pode traducirse en mellores perspectivas laborais. Os cidadáns da UE teñen dereito a vivir e traballar en calquera lugar da Unión. Polo tanto, é moito máis fácil facer uso deste dereito si se fala a lingua do país ou da rexión á que se desexa ir.


Neste ano Europeo do diálogo intercultural os responsables dos centros educativos estamos tamén chamados a promover entre os xoves a aprendizaxe de linguas estranxeiras e a fomentar o coñecemento e a comprensión da diversidade de culturas. Esta tarefa na que vémonos máis directamente implicados os profesores de idiomas, resulta farto difícil. Somos conscientes de que na práctica diaria na aula no sempre é fácil espertar o interese dos alumnos pola lingua estranxeira, nin levar a cabo una pedagoxía fundada no entusiasmo e a intelixencia creativa, capaz de estimular a observación, a atención, reflexión e sentido crítico; aspectos que nos parecen de suma importancia na aprendizaxe dunha lingua. É precisamente por este motivo polo que desde o Departamento de Francés vimos a necesidade de traballar para ofrecer os nosos alumnos unha ensinanza da lingua e da cultura francesa que non se vexa reducida a unha mera competencia comunicativa exercida sobre situacións simuladas. Isto é, situacións nas que o alumno entra no xogo si se lle presentan de forma atraente e se sente psicológicamente próximo aos personaxes representados. E o noso desexo que dita ensinanza estea reforzada pola posibilidade dunha comunicación real e directa con falantes francófonos, que procure aos nosos estudantes un mellor coñecemento dos aspectos socioculturais que transmite a lingua estranxeira.


Para a consecución deste obxectivo vimos desenvolvendo unha liña de actuación baseada na participación en distintos proxectos europeos, xa sexa dentro do programa Comenius (acollida de axudantes lingüísticos, asociacións escolares) xa, dentro do marco das axudas da Xunta de Galicia para a realización de intercambios lingüísticos (Collège Notre-Dame de Bourgenay en Les Sables d´Olonne, Lycée Laënnec en Pont-L’Abbé, Collège International Marie de France en Montreal). Un número importante de alumnos de FLE se viu beneficiado coa realización destas iniciativas, apreciando o valor da lingua estranxeira como medio de comunicación con persoas pertencentes a unha cultura diferente e como elemento favorecedor das relacións sociais e interpersoais.


As razóns aducidas anteriormente, así como a experiencia positiva manifestada polos profesores e alumnos dos centros participantes leváronos a considerar oportuna a organización dun novo proxecto de intercambio para este curso 2007/08. Este cuarto proxecto con o centro Notre-Dame de Bourgenay, supón un paso máis na nosa andadura e na nosa afirmación de apertura, pois o noso departamento ao igual que o noso centro non cesan no seu empeño de abrirse ao mondo.


Como en anos anteriores esta actividade, que contou coa participación dun nutrido número de alumnos, desenvólvese en dúas fases:




  • Unha primeira visita dos estudantes e docentes franceses a Ribadeo que abrangueu do 05 ó 12 de abril. Optouse pola acollida familiar como modalidade de aloxamento. O Departamento de Francés do I.E.S. “Porta da Auga” organizou con motivo da súa estadía na nosa vila un variado programa de actividades que en moitos casos quedaron deslucidas por causa do mal tempo.


  • Os alumnos e profesores españois viaxaremos a Les Sables d´Olonne o 12 de setembro. A duración da nosa estadía no país veciño será de 8 días rematando o 22 de setembro, día de regreso a Ribadeo. Como no caso anterior serán as familias as encargadas de aloxar a aprendices e educadores.

O interese espertado por este tipo de proxectos anímanos a seguir traballando e apostando pola realización destas e outras iniciativas que favorezan e estimulen o estudo da lingua francesa e sobre todo o uso da mesma en situacións de comunicación reais con falantes francófonos.

21/4/08

Les élèves de 4º ESO ont présenté un travail à la Bibliothèque




Ce travail est divisé en deux parties LE VOYAGE DES MOTS et L'ORIGINE DES NOMS
On a revisé les curiosités des noms de famille: de noms de métier (census de Paris de l' année 1292), de noms d' animaux (avec la carte de France pour montrer les departements où ils sont fréquents) ainsi que les sobriquets( chauve, camus etc.). Les noms de personne sont representés ici par des noms de saints (martyrs).
Les noms de quelques villes d' origine grècque, latine, celte...Marseille, Nantes, Lyon, La Rochelle, Paris,etc.
L' origine de la langue française a été étudié chronologiquement. On a cherché des mots gaulois, des mots latins conservés tels quels dans le français actuel, et de mots provenants de l' Amérique et les îles(à partir de sa découverte), des mots chinois, japonais, allemands, russes, africains...
Sur la carte du monde de notre classe nous avons disposé des bateaux, des avions, des voitures...où les mots ont voyagé à travers les mers, la terre et le ciel pour arriver en France.
Ce travail est signé par Anxo, Alberte, Alba, Claudia, Carlota, Edén, Luisa et Marta