29/6/12
Entrega de premio.
26/6/12
Concurso de relato breve: presentación de las obras ganadoras
6/6/12
Intercambio escolar co IES de Melide
Os días 23 e 30 de
maio, alumnado de 2º e 3º de ESO puido compartir dúas amenas xornadas coas
compañeiras/os do IES de Melide, poñendo así continuidade ao previo intercambio
epistolar.
Saímos moi
contentos pola xornada, pero preocupados pola consciencia da dificultade que ía
supoñer estar á súa altura. Ese foi o tema de conversa durante grande parte do
camiño de volta.
O xantar foi no
monte de Santa Cruz. Despois, repartidos en grupos guiámolos por Ribadeo,
mostrándolles os lugares de máis interese.24/5/12
O IES Porta da Auga no Correlingua 2012
O 16 de maio alumnos e alumnas do noso instituto desprazáronse a Viveiro
para participar nas actividades do Correlingua,
a carreira anual en defensa da nosa lingua. Foi o remate dunha serie de
traballos preparatorios no centro, como
a do Galeoke, a redacción do manifesto...
Como Viveiro é unha vila con moito atractivo aproveitamos para coñecela
mellor: xantamos na praia de Area, onde, de paso, nos demos o primeiro baño da
tempada (Que fría estaba a auga!); subimos ao Monte San Roque, que ten unhas
vistas impresionantes de Viveiro e da ría; descubrimos o casco histórico e os
seus principais monumentos a través dun xogo de localización, e rematamos coa
lectura pública doutro manifesto en defensa da lingua galega, de novo na Praza
Maior.Unha viaxe ao mundo da lusofonía
Excursión a Santiago
8/2/12
Ruta literarias polo Museo … e máis!

Nese mes, comezaron a lectura dos catro contos incluídos no libro Contos do museo. Ese é un requisito previo para o bon aproveitamento da actividade: subgrupos de cinco alumnos deben competir contestando, nun tempo limitado a un cuestionario sobre os textos lidos previamente e sobre información a recoller no museo (obras, autores, etc.). Os equipos gañadores reciben un pequeño agasallo.
Pero retomemos a historia de que como foi a xornada. Con bon ánimo e cos deberes feitos (lease lectura), saímos ás 8:35 h. do Instituto. Ao pasar por Meira detivémonos a dar un paseiño en Fonmiñá, ou sexa, no “nacemento do Miño”, do pai Miño.
Ás 10:30, 1º ESO A entra a facer a súa ruta no museo, mentras 1º B inicia a sua andaina polo adarve da muralla, que, como sabes, foi distinguida como patrimonio da humanidade. Pero sabías que é a unica muralla romana que conserva todo o seu perímetro? Ás 12:00, procédese ao cambio: 1º B entra no museo e 1º A comeza a súa andaina de 2.266 m. polo monumento.
Ás 13:30, reunión de ambos grupos e, como premio dado o bon comportamento de todo o grupo, saída cara o Centro comercial As Termas, onde se procede a liquidar o último bocata, ... se é que sobrevivira ata ese momento.
Ás 15:00, chegada ao Castro de Viladonga. Visita ao castro, visualización do interesante audiovisual, e visita ao museo, cada vez máis interactivo.... E ás 17:30, arrivada a Ribadeo, non sen antes compartir no autobús
“Delícia, delicia
Assim você me mata
Ai se eu te pego, ai ai se eu te pego”
A actividade estivo organizada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega.
2/2/12
Aproveitamos o "Día dos Humedais" para facer observacións na Ría de Ribadeo.
11/1/12
Entregouse a cesta do sorteo de Nadal
21/12/11
1º e 2º de ESO viviron HORA AZUL con Tropa de Trapo

Contos de mulleres valentes en tempos difíciles, festas nunha aldea galega, lendas marroquís… Historias ao son da guitarra portuguesa, do laúde árabe, da darbouka, do caixón flamenco e das karkaba. Ideais, valores, cartos, historias de amor entre as areas do Sáhara e o torreiro de Chandebrito, que nos fixeron ... sentir.
E a continuación, no obradoiro, 1º de ESO iniciouse no oficio, de contacontos, claro. Houbo que deixar sair a imaxinación, desinhibirse para ver que tod@s temos habilidades narrativas e escénicas ... ah! e valorar a importancia de escoitar.
A actividade foi organizada polo Equipo de dinamización da lingua galega.
Obradoiro de transformación de produtos lácteos.
A valorización do medio rural, así como a fixación da poboación no mesmo, aparecen como liñas básicas de actuación de organismos como a UE e a Consellería do Medio Rural. Polo tanto entendemos que a formación debe ir encamiñada á contribución de conseguir estes obxectivos. De tal maneira que a diversificación das producións é o mellor aproveitamento dos recursos
propios, dá lugar á consecución nas mesmas dun maior valor engadido, nos procesos de produción, baixo unha denominación de calidade específica, contribuíndo así en parte á consecución destes obxectivos.
O C.F.E.A. Pedro Murias, inscrito no CRAEGA (Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica) conta cun Obradoiro de Lácteos, sendo polo tanto o lugar axeitado para contribuír en parte a estes fins.
Pretendese entonces adquirir os coñecementos básicos dos procesos de transformación de leite en produtos lácteos derivados de amplo consumo:
- Coñecer e diferenciar os principais compoñentes do leite, así como a importancia dentro da estabilidade da solución e polo tanto naelaboración de produtos lácteos.
- Coñecer os diferentes tipos de callo e as peculiaridades da callada.
- Describir os fundamentos básicos na fabricación de queixos e leites fermentadas.
- Diferenciar as principais características tecnolóxicas das ultimas denominacións de orixe de queixo que se elaboran en Galicia.
- Coñecer as diferentes etapas do proceso produtivo na elaboración de produtos lácteos, incidencia nos obxectivos das mesmas, tecnoloxías empregadas, variables, parámetros e
control da súa incidencia na calidade e produtividade.
Programa realizado:
- Introdución á queixería.
- Introdución ás leites fermentadas.
19/12/11
13/6/11
Segunda parte do intercambio co IES Aquis Celenis de Caldas de Reis
Foi unha xornada amena e interesante, na que todos/as, de Caldas ou de Ribadeo, aprendemos algo máis sobre a nosa localidade, a nosa historia, o noso presente, as nosas particularidades lingüísticas, ... sin faltar ás referencias ao noso caracter e a sección de curiosidades.
A xornada comezou ás 12:00 h. cunha breve recepción a cargo do noso director e dos alumnos participantes. A continuación fomos a pé polo paseo marítimo, usamos o ascensor da Atalaia, continuamos ata o Cargadoiro, entramos no Castelo San Damián e rematamos subindo ao faro de Illa Pancha.
Posteriormente, xantamos en Santa Cruz, onde tamén nos divertimos ao grande con actividades como o tiro de corda ou o xogo do pano.
Á tarde, organizados en grupos, realizamos unha rota urbana comentada, na que todos, incluso nós, descubrimos aspectos nos que, de non ser así, non repararíamos.
Para rematar a xornada, dirixímonos a Rinlo, onde nos despedimos, quedando con novos amigos e amigas, cos que seguiremos en contacto. (Álbum).
O alumnado é o protagonista
Realmente penso que mereceu a pena, non só porque o noso traballo gustou moito e os nosos alumn@s recibiron moitas felicitacións senón tamén porque poidemos observar moitas outras formas de traballar para conseguir un entorno sostible dende áreas tan distintas como lingua, plástica ou matemáticas e con actividades moi variadas pero que todas persiguen o mesmo: a sensibilización ambiental. Está claro que tal e como dixo Mayor Zaragoza “ O noso futuro non dependerá de que mundo deixemos ós nosos fillos senón de que fillos deixemos ó noso mundo”. (Álbum)
Águia pescadora
Recentemente, os alumnos de 2º ESO A desprazáronse ata Sta Cruz para visitar unha exposición organizada por FAPAS (Fondo para a protección de animais salvaxes) sobre o proxecto de recuperación da águia pescadora na Ría de Ribadeo e na Costa Cantábrica.A águia pescadora é un ave rapaz, de tamaño medio, con ás fortes e angulosas, visitante habitual da costa asturiana como invernante e que este ano tamén elexiu a nosa ría para pasar o outono e inverno. Houbo un exemplar que os de FAPAS bautizaron como Panchita, anilláronna (para poder seguirlle a pista en anos sucesivos) e colocáronlle na ría algún pousadeiro (estaca de madeira situada en zonas tranquilas, abertas e con boa visibilidade) para que poidera descansar e pescar comodamente. Trátase en definitiva de adoptar medidas de conservación, iguais ás practicadas noutros lugares e destinadas a aumentar o número de exemplares invernantes para revalorizar dende o punto de vista ambiental , toda a Costa Cantábrica. A ver se o próximo outono Panchita e compañía volven á nosa ría!!!
18/5/11
Correlingua 2011
Matarratos Darwin

Esta obra é un bo exemplo de como se pode achegar a ciencia ao público dun xeito ameno, e de que o divertimento non está reñido cos temas máis sisudos. Ademais, a nosa lingua semella darlle máis carta de natureza a esas intencións, xa que, como dicía o lema dunha exposición realizada no noso IES fai pouco, o galego non deixa de ser o noso medio natural.6/5/11
Intercambio con Caldas de Reis
O pasado xoves 28 de abril, os alumn@as de 2º e 3º de ESO do noso IES visitaron a vila de Caldas de Reis, dentro das actividades de intercambio co alumnado do IES Aquis Celenis organizadas polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega.
A visita comezou ás 11:00 h. Recibíronnos os alumn@s participantes, acompañados dos seus profesores e do Director do centro. A continuación fixemos unha visita guiada pola vila, seguida dun paseo a pé pola beira do Umia ata a moi bonita fervenza de Segade.
A continuación subimos, para xantar, ao mirador do Monte Lobeira, desde onde gozamos dunha espectacular vista de toda a Ría de Arousa.
Á tarde, visitamos Cambados, onde, mesturados os alumn@s dos dous centros, participamos nunha actividade de grupos que nos serviu para coñecer esa vila.
Finalmente dirixímonos á Illa da Toxa, lugar no que moit@s de nós aproveitamos para darnos o primeiro baño da tempada, nunhas augas aínda un pouco fresquiñas.
Todo o bo remata, polo que ás 18:30 h. houbo que emprender o camiño de volta para Ribadeo. Agardamos con impaciencia a devolución da visita, prevista para o día 31 de maio. Intentaremos non desmerecer en nada a súa calorosa acollida.

















